WEBVTT

00:11.574 --> 00:16.454
A voz de Hayato
rompeu a barreira do son outra vez.

00:17.079 --> 00:20.958
<i>Yota está raro desde o festival deportivo.</i>

00:21.042 --> 00:22.126
FESTIVAL DEPORTIVO

00:22.209 --> 00:23.711
<i>E antes estaba contento.</i>

00:23.794 --> 00:25.129
DESPISTADO - KARAOKE

00:25.212 --> 00:26.714
<i>Parece que está na verza.</i>

00:26.797 --> 00:28.132
FOXE NO CORREDOR

00:28.215 --> 00:30.217
<i>E Miki parece que tamén o evita.</i>

00:31.010 --> 00:34.472
<i>Pasaría algo entre eles
aquel día despois da clase?</i>

00:35.306 --> 00:36.307
CHUZADAS

00:36.390 --> 00:37.475
- Miki.
- Que?

00:37.558 --> 00:38.601
PARA

00:38.684 --> 00:40.227
- Que tal?
- Eh?

00:40.311 --> 00:41.228
VERGONZA

00:41.312 --> 00:42.396
Por que preguntas?

00:42.480 --> 00:43.481
<i>Dáselle mal isto.</i>

00:43.564 --> 00:46.859
Que saibas que non estou mal, vale?

00:46.942 --> 00:48.861
Só estou algo cansa.

00:49.570 --> 00:50.488
OI

00:51.906 --> 00:53.866
Si? Pois iso está ben.

00:58.454 --> 01:02.625
<i>Miki está rara desde o festival deportivo.</i>

01:02.708 --> 01:05.586
<i>E antes estaba moi contenta.</i>

01:06.212 --> 01:07.213
<i>Que pasaría?</i>

01:08.839 --> 01:10.925
<i>Volve poñer esa cara de amargada.</i>

01:13.260 --> 01:16.555
<i>Pasaríalle algo con Yota
cando lles tocou limpar?</i>

01:18.849 --> 01:19.892
Yota.

01:19.975 --> 01:20.976
ESCORREGA

01:21.060 --> 01:22.478
Koyun, que pasa?

01:23.354 --> 01:24.855
Pois…

01:25.898 --> 01:27.024
Que tal?

01:27.608 --> 01:29.151
(TENTA) SORRIR

01:31.362 --> 01:33.030
PUF - EH?

01:33.114 --> 01:34.365
<i>Dáselle mal isto.</i>

01:35.908 --> 01:37.785
Saímos?

01:40.454 --> 01:41.872
Miki decatouse.

01:42.748 --> 01:45.668
Que? Queres dicir…?

01:45.751 --> 01:47.753
Dixéchesllo ti?

01:47.837 --> 01:52.675
Non, deduciuno polo meu comportamento.

01:52.758 --> 01:57.054
Se eu me controlase, non se decataría.

01:57.138 --> 01:59.765
Ela non deu a entender que se decatara.

02:01.058 --> 02:06.188
Cheguei a desexar
que ela captase a mensaxe.

02:08.649 --> 02:11.193
Díxenlle
que estaba contento coa situación.

02:11.277 --> 02:13.320
Teño que aprender a decidirme, eh?

02:14.238 --> 02:17.575
Pero Miki xa ten moi boa opinión de ti.

02:18.200 --> 02:21.996
Se descobre que lle gustas,
igual empeza a corresponderche.

02:22.621 --> 02:23.956
Non creo.

02:24.999 --> 02:29.545
Miki só me ve como amigo.
Leva sendo así desde a secundaria.

02:29.628 --> 02:31.338
Como moito, o seu mellor amigo.

02:32.506 --> 02:34.091
Espero selo.

02:35.926 --> 02:41.098
Confórmome con iso, a verdade.

02:41.182 --> 02:44.768
Polo menos, iso pensaba eu.

02:49.857 --> 02:53.152
Agora ela sabe o que sentes por ela,

02:53.235 --> 02:57.364
pero iso non significa que te vaia odiar
nin que vaia romper contigo.

02:57.948 --> 03:01.493
Se cadra ela non sabe
como afrontar isto agora.

03:01.577 --> 03:04.914
A Miki impórtalle a xente que ten arredor.

03:06.207 --> 03:07.958
Non fará nada imprudente.

03:10.711 --> 03:12.004
Tes razón.

03:12.588 --> 03:16.550
Por iso non creo que eu poida
seguir mantendo a ambigüidade.

03:18.886 --> 03:20.763
Mira, Koyun,

03:21.931 --> 03:23.682
vou rematar con isto.

03:26.518 --> 03:30.940
EPISODIO 14
BOMBA

03:31.607 --> 03:33.943
<i>Creo que lle gusto a Yota…</i>

03:34.735 --> 03:39.365
<i>Non podo falar con Minato
nin con ninguén disto.</i>

03:39.448 --> 03:41.492
<i>Aínda que sexan imaxinacións miñas</i>

03:41.575 --> 03:44.036
<i>ou aínda que sexa verdade…</i>

03:44.119 --> 03:47.414
<i>Se falo con alguén, iso magoará a Yota.</i>

03:48.832 --> 03:50.918
<i>E Koyun, que?</i>

03:51.001 --> 03:53.796
<i>Se a Koyun lle gusta Yota, entón…</i>

03:54.463 --> 03:58.217
Entón, vou acabar magoando dúas persoas!

03:59.176 --> 04:00.469
A conta, por favor.

04:00.552 --> 04:02.805
Si! Xa vou!

04:03.514 --> 04:04.848
FECHADO

04:06.850 --> 04:09.603
Oe, Miki. Pasou algo no instituto hoxe?

04:10.312 --> 04:12.690
Tiveches mala cara todo o día.

04:12.773 --> 04:15.234
Notouse? Desculpade.

04:15.317 --> 04:16.735
A ver, logo.

04:16.819 --> 04:18.362
Conta que che pasa.

04:18.445 --> 04:20.739
Non me pasa nada.

04:22.408 --> 04:26.620
<i>Pero igual é máis fácil
falar con estes ca cos do instituto.</i>

04:27.997 --> 04:29.123
Pois…

04:31.083 --> 04:35.796
Decateime de que alguén
a quen consideraba amigo

04:35.879 --> 04:39.383
se cadra está namorado de min.

04:39.967 --> 04:41.969
Que credes que debo facer?

04:43.971 --> 04:47.474
Fago coma que non me decatei
e sigo coma se non pasase nada?

04:47.975 --> 04:50.519
Ou sería mellor evitalo?

04:51.020 --> 04:52.896
Non sei que facer.

04:52.980 --> 04:53.981
DOEU

04:54.064 --> 04:55.649
<i>Amor xuvenil.</i>

04:56.692 --> 05:00.779
Eu sentiríame afagado,
sempre que non odiase esa persoa.

05:01.947 --> 05:04.700
Se descubrise que lle gusto a unha moza,

05:04.783 --> 05:07.995
igual me lanzaba a pedirlle para saír.

05:08.078 --> 05:09.079
En serio?

05:09.163 --> 05:11.874
E, se a cousa sae mal, que?

05:11.957 --> 05:14.418
Perderías a amiga e mais a parella.

05:15.044 --> 05:19.089
Si, pero eu sigo vendo as miñas ex mozas.
Quedamos para comer.

05:19.173 --> 05:21.675
Eu creo que non podería facer iso.

05:21.759 --> 05:25.179
Segundo medras,
xorden máis relacións ambiguas coma esa.

05:25.262 --> 05:26.430
Fala por ti.

05:27.056 --> 05:29.600
Este amigo é un rapaz ou unha rapaza?

05:29.683 --> 05:30.893
É un rapaz.

05:30.976 --> 05:32.811
Entón, non estou segura.

05:32.895 --> 05:38.400
Cando o amor non correspondido
é de alguén que non podes derrotar,

05:38.484 --> 05:40.903
o mellor é cortalo de raíz.

05:40.986 --> 05:45.199
Pola miña experiencia de loita cos homes,
precisas unha arma.

05:45.282 --> 05:46.700
Quen te magoou?

05:46.784 --> 05:47.785
LAIOS

05:47.868 --> 05:52.873
O home e a muller reaccionan
moi distinto cando os deixan.

05:53.499 --> 05:57.586
Este rapaz non se porá furioso,
así que non pasará nada.

05:58.420 --> 06:02.966
Todo sería máis fácil
se ti tamén te namorases del.

06:04.176 --> 06:05.886
<i>Se ti tamén te namorases del…</i>

06:09.848 --> 06:12.476
<i>Cando estou con Yota,</i>

06:13.060 --> 06:16.438
<i>síntome eu mesma e sempre o pasamos ben.</i>

06:16.522 --> 06:19.817
<i>Estou segura de que Yota sente o mesmo.</i>

06:20.317 --> 06:25.489
<i>Confortámonos mutuamente.
Somos amigos en pé de igualdade.</i>

06:26.573 --> 06:28.909
<i>Quen me dera que fose só iso.</i>

06:30.452 --> 06:32.871
GALERÍA DE FOTOS

06:37.960 --> 06:41.213
<i>E se eu non fose unha muller?</i>

06:41.296 --> 06:43.590
<i>E se non fose unha parella potencial?</i>

06:44.675 --> 06:47.719
<i>Seriamos tan amigos como somos?</i>

06:47.803 --> 06:49.721
<i>Sería igual de simpático comigo?</i>

06:50.848 --> 06:52.975
<i>Non quero que Yota me vexa</i>

06:53.976 --> 06:57.062
<i>como muller nin como potencial parella,</i>

06:57.896 --> 07:01.608
<i>senón como un ser humano
merecedor de amizade.</i>

07:07.739 --> 07:08.740
CHAMADA ENTRANTE

07:08.824 --> 07:09.825
Minato?

07:11.160 --> 07:12.411
Ola.

07:12.494 --> 07:14.830
<i>Ola. Podes falar?</i>

07:14.913 --> 07:17.166
Si. Estás na rúa?

07:17.249 --> 07:19.751
Si. Estou paseando a Ponta.

07:19.835 --> 07:21.503
<i>O mapachiño?</i>

07:21.587 --> 07:23.589
Xa che dixen que se chama Ponta.

07:23.672 --> 07:24.715
<i>Que pasa?</i>

07:24.798 --> 07:26.133
Non moita cousa.

07:26.633 --> 07:31.180
Estaba paseando
e deume por falar con alguén.

07:32.306 --> 07:33.640
E logo non?

07:33.724 --> 07:36.894
<i>Si, non chamo por nada en particular.</i>

07:37.394 --> 07:40.397
<i>Ás veces un ten gana de falar con outros.</i>

07:40.481 --> 07:42.065
Si, certo.

07:42.149 --> 07:45.277
Pero seguro
que tes tanta gana de falar comigo?

07:45.360 --> 07:46.361
<i>Por que?</i>

07:46.445 --> 07:48.614
Non tes unha restra de mozas…?

07:48.697 --> 07:49.698
RECORDOS DA SECUNDARIA

07:49.781 --> 07:51.325
…agardando falar contigo?

07:51.408 --> 07:53.035
<i>Pensas iso de min?</i>

07:53.660 --> 07:55.621
Non teño ninguén.

07:55.704 --> 07:59.583
Pero, aínda que as tivese,
chamaríaas para algo concreto.

07:59.666 --> 08:01.084
<i>E a min non?</i>

08:01.168 --> 08:04.087
Por que? Entre nós non é así.

08:06.673 --> 08:09.343
<i>A que vén a pausa? Decepciónate isto?</i>

08:09.426 --> 08:10.802
Non, ho!

08:10.886 --> 08:12.638
<i>Perdón por decepcionarte.</i>

08:12.721 --> 08:13.847
Cala, ti!

08:13.931 --> 08:15.098
<i>É broma!</i>

08:15.182 --> 08:17.184
Vaia!

08:17.267 --> 08:21.939
Eu tamén estou fóra. Parezo unha tarada
berrando no aparcadoiro de bicicletas.

08:22.022 --> 08:24.107
<i>Vas para a casa? É algo tarde, non?</i>

08:24.191 --> 08:25.400
Si. Tiven choio.

08:25.484 --> 08:26.985
Vou coller a bicicleta.

08:27.069 --> 08:30.197
Eu tamén vou para a casa.
Pon xa non pode consigo.

08:30.280 --> 08:31.865
<i>- Pon derreado.</i>
- É só Pon.

08:31.949 --> 08:34.701
<i>Falamos logo. Axudeiche a matar o tempo?</i>

08:34.785 --> 08:35.911
Si, grazas.

08:36.411 --> 08:39.373
Chámame cando queiras,
se che apetece falar.

08:40.374 --> 08:42.876
- Vale.
<i>- Vémonos mañá na despedida.</i>

08:42.960 --> 08:45.254
Do equipo de animación! Yakiniku!

08:45.337 --> 08:47.631
<i>Esquecérache? Ven, eh!</i>

08:49.007 --> 08:50.551
Si, grazas.

08:50.634 --> 08:51.718
<i>Boa noite.</i>

08:58.141 --> 09:03.480
<i>Que sentirá Miki por Yota agora?</i>

09:04.022 --> 09:07.901
<i>Verao como amigo, coma a Amamiya?</i>

09:07.985 --> 09:10.237
Desde cando coñeces a Minato?

09:10.320 --> 09:11.613
Ven comigo.

09:11.697 --> 09:14.741
Koyun,
Yota e Minato son diferentes para ti?

09:15.367 --> 09:17.327
<i>Verao así?</i>

09:17.411 --> 09:18.495
<i>Espera…</i>

09:19.162 --> 09:21.456
<i>Como ve Miki a Amamiya?</i>

09:21.540 --> 09:23.792
<i>E como ve Amamiya a Miki?</i>

09:24.293 --> 09:26.503
<i>Como amigos? Os mellores amigos?</i>

09:27.004 --> 09:29.673
<i>Ou haberá algo máis?</i>

09:30.340 --> 09:34.761
<i>Como me verá Amamiya a min?</i>

09:34.845 --> 09:37.764
<i>Espera. A quen lle importo eu?</i>

09:38.807 --> 09:42.144
<i>Sexa como sexa,
oxalá os dous volvan estar normais mañá</i>

09:42.227 --> 09:45.022
<i>na festa de despedida
do equipo de animación.</i>

09:46.356 --> 09:48.150
YAKINIKU: CARNE Á GRELLA

09:48.233 --> 09:50.110
Saúde. Polo festival deportivo!

09:51.737 --> 09:54.239
Miki, quédache ben o pelo curto.

09:54.323 --> 09:56.658
Nunca collas salgado. Sempre adobado.

09:56.742 --> 09:57.993
Cortareino eu tamén?

09:58.827 --> 10:00.495
<i>Non son tal.</i>

10:01.538 --> 10:06.209
<i>Miki normalmente anda cos do noso curso,</i>

10:06.293 --> 10:08.920
<i>pero hoxe non para de falar cos maiores.</i>

10:09.004 --> 10:11.214
<i>Será porque é unha ocasión especial?</i>

10:12.007 --> 10:13.425
<i>Dareille moitas voltas?</i>

10:14.009 --> 10:18.055
<i>E Yota nin sequera se ergueu
de onde sentou ao comezo.</i>

10:18.138 --> 10:19.514
OLLADA
NON PODE FALAR

10:19.598 --> 10:21.808
Koyuki, vanse queimar.

10:27.397 --> 10:29.775
- Tes moita razón.
<i>- Amamiya.</i>

10:29.858 --> 10:32.611
<i>Hoxe está moi guapo.</i>

10:32.694 --> 10:33.820
<i>Leva lentes.</i>

10:34.946 --> 10:39.576
Ei, non credes que Amamiya e Momoka
van conxuntados?

10:39.660 --> 10:40.827
- Eh?
- Eh?

10:40.911 --> 10:42.621
Están xuntos.

10:42.704 --> 10:43.705
EH?

10:44.373 --> 10:46.875
Estades moi guapos xuntos!
Moi boa parella.

10:47.376 --> 10:49.670
- Grazas!
- Seguido flirteando.

10:49.753 --> 10:51.296
AH

10:51.380 --> 10:52.923
El é deses…

10:53.507 --> 10:56.218
Que vergoña.

10:57.678 --> 11:00.806
Tomaranche máis o pelo se te ven nerviosa.

11:00.889 --> 11:02.933
Se o aceptas, pasarán de ti.

11:05.727 --> 11:07.020
Amamiya…

11:08.021 --> 11:10.357
- Que raposeiro!
- Parécecho?

11:10.440 --> 11:11.441
FAI O PARVO

11:17.614 --> 11:18.699
<i>Koyun.</i>

11:18.782 --> 11:20.701
SILENCIO

11:21.368 --> 11:23.328
Ei, Koyuki.

11:23.870 --> 11:26.206
Estábame eu a preguntar

11:26.915 --> 11:30.085
se non che gustará Amamiya.

11:31.294 --> 11:33.130
Que? Por que?

11:33.213 --> 11:36.717
A ver, é que o parece…

11:36.800 --> 11:39.261
Non, en absoluto. Iso non é certo.

11:39.344 --> 11:40.595
En serio, para nada.

11:41.179 --> 11:43.473
<i>Iso faime desconfiar.</i>

11:44.266 --> 11:46.268
Será esa a impresión que dou?

11:46.351 --> 11:49.938
Non é que non a deas.

11:50.439 --> 11:52.315
Eu non quero iso.

11:52.399 --> 11:53.859
Terei que repensar todo.

11:53.942 --> 11:56.445
Non, non hai que forzar.

11:57.863 --> 11:59.322
Podo sentar aquí?

12:00.031 --> 12:01.324
Momoka!

12:01.408 --> 12:05.287
Estou toda encarnada. Que vergonza!

12:05.370 --> 12:08.707
- Fóiselles das mans.
- Non pasa nada.

12:08.790 --> 12:12.419
Porque a min si que me gusta Amamiya.

12:13.754 --> 12:15.922
Non é tanta sorpresa, non?

12:16.006 --> 12:18.800
Que é unha potencial parella, dis?

12:18.884 --> 12:20.552
Si, xusto.

12:20.635 --> 12:24.055
Sentoume moi ben
cando dixeron que estabamos guapos xuntos.

12:24.639 --> 12:26.975
Que ben!

12:27.058 --> 12:28.810
<i>Pero a Amamiya gústalle…</i>

12:29.394 --> 12:31.563
Ti que pensas, Koyun?

12:31.646 --> 12:33.982
Eh? Que penso?

12:34.065 --> 12:37.277
Cres que o debo intentar?

12:37.360 --> 12:40.822
Iso é cousa túa.

12:41.531 --> 12:44.451
Quen son eu
para dicirche o que tes que facer?

12:44.534 --> 12:46.036
Alégrame oír iso.

12:46.119 --> 12:50.832
Pensei que, estando ti en contra, Koyun,
eu tería as mans atadas.

12:52.042 --> 12:53.460
Que ten que ver comigo?

12:53.543 --> 12:56.671
Se o sentimento fose correspondido,

12:56.755 --> 12:59.466
eu non tería nada que facer.

12:59.549 --> 13:02.093
Se o sentimento fose correspondido?

13:02.177 --> 13:03.470
- Con quen?
<i>- Ah, non!</i>

13:03.553 --> 13:06.723
Ala. Fas que es tímida?

13:07.682 --> 13:09.226
<i>Non!</i>

13:10.435 --> 13:12.979
Todas sabemos quen lle gusta a Amamiya.

13:13.563 --> 13:16.107
Ti, sen dúbida.

13:18.985 --> 13:20.237
<i>Acabouse.</i>

13:23.156 --> 13:25.700
Todas sabemos quen lle gusta a Amamiya.

13:26.284 --> 13:28.829
Ti, sen dúbida.

13:31.414 --> 13:32.249
Que?

13:32.916 --> 13:36.962
A Amamiya gústolle eu?

13:39.256 --> 13:40.340
Estás finxindo.

13:40.423 --> 13:43.343
Por esa reacción, está claro que finxes.

13:43.927 --> 13:46.596
Seguro que xa o sabías, Koyun.

13:46.680 --> 13:48.598
Sabes que sente Amamiya por ti.

13:48.682 --> 13:55.105
En serio non te decatas
cando lle gustas a alguén?

13:56.231 --> 14:00.777
Amamiya é simpático con todo o mundo.

14:00.861 --> 14:03.405
Eu non son especial.

14:03.905 --> 14:07.534
<i>Non. Sendo sincera,
si que me lembro de certas cousas.</i>

14:08.118 --> 14:11.538
<i>Pero teño que dicirme
a min mesma que non son especial.</i>

14:11.621 --> 14:13.498
<i>Non é só comigo.</i>

14:13.582 --> 14:15.667
<i>Faría o mesmo con calquera.</i>

14:15.750 --> 14:17.377
<i>Iso me digo a min mesma.</i>

14:18.128 --> 14:20.881
<i>Fago que non o vexo
e miro para o outro lado…</i>

14:20.964 --> 14:22.048
ENGANAREIME?

14:22.132 --> 14:23.633
CAMBIARÁ A NOSA RELACIÓN?

14:23.717 --> 14:25.594
<i>Fuxo diso para protexerme.</i>

14:25.677 --> 14:27.929
<i>Igual no fondo</i>

14:28.430 --> 14:31.266
<i>si me pregunto que pasaría.</i>

14:32.225 --> 14:33.393
<i>Pero…</i>

14:33.476 --> 14:36.813
<i>oxalá non fose ela
quen me fixo ver todo isto.</i>

14:36.897 --> 14:40.525
Alégrome. Que alivio oírche dicir iso.

14:41.109 --> 14:44.529
Farei todo o que poida
para que el tamén me queira.

14:44.613 --> 14:45.614
SEN COMENTARIOS

14:45.697 --> 14:48.158
<i>Que medo!</i>

14:48.241 --> 14:49.951
<i>Os seus métodos meten medo.</i>

14:50.994 --> 14:53.914
Os que queirades seguir a festa,
imos á ribeira.

14:53.997 --> 14:55.916
- Ben!
- A ver…

14:55.999 --> 14:57.876
- Fogos!
- U-los meus zapatos?

15:01.087 --> 15:02.297
Seica somos veciños.

15:02.380 --> 15:03.632
Si.

15:05.634 --> 15:08.303
Espera, Koyun.

15:11.890 --> 15:13.350
E temos reloxos iguais.

15:14.142 --> 15:16.144
PARALIZADA

15:16.227 --> 15:19.189
<i>Ah, non. Vaino entender mal.</i>

15:19.272 --> 15:20.982
<i>Preciso unha resposta.</i>

15:22.359 --> 15:23.360
MURMURIO

15:23.443 --> 15:25.654
Foi unha ganga, non?

15:29.199 --> 15:32.410
Si, pero parece moi caro.

15:32.911 --> 15:34.579
Eu pensei o mesmo.

15:34.663 --> 15:38.500
Se ti non dis nada, eu tampouco. Vale?

15:38.583 --> 15:40.585
As miñas lentes foron outra ganga.

15:41.795 --> 15:42.837
Xa.

15:43.922 --> 15:45.006
<i>Que fago?</i>

15:45.507 --> 15:47.926
Non direi nada, para non ser descuberta.

15:49.135 --> 15:51.721
<i>Que divertido!</i>

15:55.517 --> 16:01.940
<i>Oxalá mantivésemos esta dinámica sempre.</i>

16:04.859 --> 16:06.152
Faltoulle pouco!

16:06.236 --> 16:08.697
Pensei que perdera a chave do armario.

16:08.780 --> 16:10.949
Azumi, atrás.

16:11.032 --> 16:12.993
Eh? Por que?

16:13.076 --> 16:15.078
Vas ver os fogos artificiais logo?

16:15.161 --> 16:17.831
Si. Miki e Tsukiko tamén van.

16:17.914 --> 16:19.040
Alégrome.

16:20.208 --> 16:23.378
Hoxe non falamos moito,
cos asentos tan separados.

16:23.461 --> 16:24.963
Esperaba que viñeses.

16:28.967 --> 16:34.556
<i>Agora xa podo dicir
que estou bastante segura.</i>

16:34.639 --> 16:37.600
<i>Espera. Que fago?</i>

16:37.684 --> 16:38.685
VIRA

16:38.768 --> 16:40.020
Será así…?

16:42.772 --> 16:44.107
Koyun, onde estás?

16:44.190 --> 16:45.525
PUM - FIU

16:45.608 --> 16:46.609
Aquí estou!

16:46.693 --> 16:49.612
SOÍÑO

16:55.785 --> 16:58.496
Ei, baixas ou que?

16:58.580 --> 17:01.041
É igual. Miro desde aquí.

17:01.124 --> 17:03.334
Mentira! Non te decides a baixar!

17:04.586 --> 17:06.129
Ti podes. Ves?

17:06.212 --> 17:07.213
CÓLLEA

17:07.297 --> 17:08.465
- Aí!
- Ai!

17:08.548 --> 17:09.549
ALTURA

17:09.632 --> 17:10.842
Teño medo! Báixame!

17:10.925 --> 17:12.385
Xa. Espera un momento.

17:15.972 --> 17:17.432
<i>Iso foi un laio?</i>

17:18.016 --> 17:19.267
Si!

17:20.143 --> 17:22.896
Koyun, Yota e Tsukko!

17:22.979 --> 17:25.565
Yuki, oíches un laio agora?

17:25.648 --> 17:26.649
Ah, iso?

17:26.733 --> 17:28.443
Estaba coidando a Atagawa.

17:28.526 --> 17:30.653
<i>Parece moi enfadada.</i>

17:31.237 --> 17:35.158
Non é algo cedo para as bengalas?
Non se gardan para o final?

17:35.241 --> 17:36.076
HUM

17:36.159 --> 17:38.161
Sempre é bo momento para bengalas.

17:38.244 --> 17:39.537
Iso é certo.

17:39.621 --> 17:40.747
Úneste a nós?

17:40.830 --> 17:42.165
Vale!

17:48.254 --> 17:49.506
OLLADA - NO MEDIO

17:49.589 --> 17:51.299
<i>Por que estou aquí?</i>

17:51.382 --> 17:53.760
<i>Síntome observada.</i>

17:53.843 --> 17:54.928
Aí vai a miña.

17:55.011 --> 17:56.513
E a túa tamén, Koyun.

17:56.596 --> 17:57.597
BUM

17:57.680 --> 17:58.681
Para.

18:08.274 --> 18:10.193
Pódome unir a vós?

18:14.030 --> 18:15.031
Podo sentar aquí?

18:15.115 --> 18:16.116
ARREDA

18:16.199 --> 18:17.534
Fixen algo mal?

18:22.539 --> 18:24.958
BUM BUM BUM

18:25.542 --> 18:27.085
<i>- Que risa.
- Que risa.</i>

18:27.168 --> 18:28.837
Que caras son esas?

18:29.420 --> 18:31.840
ESTRALOS
BUM

18:32.924 --> 18:35.343
- Ala!
- Que guai!

18:36.386 --> 18:37.595
Incrible.

18:46.437 --> 18:49.065
Miramos a ver cal dura máis?

18:49.149 --> 18:50.233
Vale.

18:51.025 --> 18:53.069
<i>Os cóbados están moi próximos.</i>

18:54.571 --> 18:55.655
A miña está acesa.

19:02.662 --> 19:03.663
<i>Sorrí.</i>

19:03.746 --> 19:04.747
SORRISO

19:04.831 --> 19:07.250
PARALIZADA

19:12.213 --> 19:15.175
Saúde. Polo traballo ben feito!

19:15.258 --> 19:16.759
- Saúde!
- Saúde!

19:21.181 --> 19:22.182
Miki.

19:23.433 --> 19:26.269
Isto é teu, non? Atopeino no chan.

19:27.604 --> 19:30.398
Que? É o meu chaveiro.

19:30.899 --> 19:33.026
Tes razón. Non ten as miñas chaves.

19:33.109 --> 19:33.985
Toma.

19:34.068 --> 19:37.530
Grazas. Menos mal
que te decataches de que era meu.

19:37.614 --> 19:40.158
Como non ía saber que era teu?

19:43.369 --> 19:45.914
Miki, sénteste incómoda comigo?

19:45.997 --> 19:46.998
Que?

19:47.498 --> 19:49.167
Es coma un libro aberto.

19:49.751 --> 19:52.754
Non, non me sinto incómoda…

19:53.254 --> 19:54.672
Perdoa.

19:55.465 --> 19:57.675
Estás libre despois disto?

20:00.511 --> 20:02.430
Teño que dicirche algo.

20:18.780 --> 20:19.697
Miki.

20:20.198 --> 20:23.284
<i>Se el non fose dicir o que vai dicir,</i>

20:23.368 --> 20:25.161
<i>as cousas podían seguir igual.</i>

20:28.748 --> 20:29.791
Gústasme.

20:30.792 --> 20:31.668
Que?

20:31.751 --> 20:34.212
Ah, caramba. Grazas.

20:39.634 --> 20:42.220
<i>Está todo serio.</i>

20:43.429 --> 20:46.015
<i>Non foi unha broma nin unha carallada.</i>

20:46.099 --> 20:47.976
<i>Dío en serio.</i>

20:48.893 --> 20:52.814
Sempre me gustaches. Desde a secundaria.

20:53.314 --> 20:54.440
Que?

20:54.524 --> 20:57.360
<i>Sempre lle gustei?</i>

20:57.944 --> 21:00.905
Non tiña pensado dicircho.

21:01.489 --> 21:03.574
Pero xa non o podía ocultar máis

21:04.158 --> 21:05.952
e quería resolver isto.

21:07.078 --> 21:08.746
Quero rematar con isto

21:09.414 --> 21:12.625
e volvermos ser amigos.

21:13.501 --> 21:15.628
Perdón por molestarte.

21:17.046 --> 21:19.173
<i>Normalmente sorrí e é moi simpático.</i>

21:19.257 --> 21:21.634
<i>Nunca lle vin poñer esa cara.</i>

21:22.552 --> 21:26.222
<i>Como puiden facerlle poñer esa cara?</i>

21:27.223 --> 21:29.559
<i>A min tamén me gusta el.</i>

21:30.393 --> 21:31.811
<i>Eu quérolle.</i>

21:32.353 --> 21:33.521
<i>Pero non é…</i>

21:34.397 --> 21:35.231
<i>Non.</i>

21:35.732 --> 21:40.570
<i>E se fago un esforzo consciente?
Ao mellor tamén o vería a el así.</i>

21:41.779 --> 21:47.744
<i>Quen máis me vai querer
e aceptarme tal como son?</i>

21:48.619 --> 21:52.707
<i>Se fose capaz de namorarme del
tal como el se namorou de min…</i>

21:54.625 --> 21:57.045
<i>Non me fará feliz iso?</i>

21:58.504 --> 21:59.339
Yota.

21:59.964 --> 22:01.299
<i>Pero…</i>

22:05.386 --> 22:06.721
Perdón.

22:06.804 --> 22:09.557
<i>Non podo contestar que si…</i>

22:09.640 --> 22:12.477
Non é que ti non me gustes tamén…

22:12.560 --> 22:14.103
<i>…se o corazón non o ten claro.</i>

22:14.187 --> 22:17.857
Eu nunca te mirei dese xeito.

22:18.983 --> 22:19.817
Vale.

22:21.778 --> 22:24.030
Non sei que facer.

22:24.864 --> 22:26.616
Si, xa sei.

22:28.576 --> 22:31.579
Perdoa por evitarte ultimamente.

22:32.372 --> 22:34.707
Non te quería magoar.

22:36.751 --> 22:38.878
Non te preocupes. Xa sei.

22:40.671 --> 22:41.881
Perdoa.

22:41.964 --> 22:43.007
Tranquila.

22:45.051 --> 22:46.052
Grazas.

22:51.891 --> 22:53.810
Por que choras?

23:40.982 --> 23:45.987
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa
