﻿1
00:00:19,790 --> 00:00:24,295
<i>Ata agora, eu pensaba
que era dos que se levan ben con todos.</i>

2
00:00:25,004 --> 00:00:25,963
<i>Minato.</i>

3
00:00:26,047 --> 00:00:27,381
<i>Pero…</i>

4
00:00:27,465 --> 00:00:28,716
Ei, Hikawa.

5
00:00:29,842 --> 00:00:33,220
<i>As miñas conversas con ela
sempre son algo incómodas.</i>

6
00:00:33,304 --> 00:00:35,556
Acabamos agora o adestramento da mañá.

7
00:00:36,265 --> 00:00:38,267
<i>A ver, de que imos falar?</i>

8
00:00:38,768 --> 00:00:40,978
Por certo, Igarashi estivo aquí onte.

9
00:00:41,062 --> 00:00:42,063
BUN

10
00:00:42,146 --> 00:00:44,982
<i>Vaia cara! Metería a pata?</i>

11
00:00:45,066 --> 00:00:46,442
NON CONECTABAMOS

12
00:00:46,525 --> 00:00:49,487
{\an8}<i>Non eran tan amigos
e Igarashi parecía algo raro.</i>

13
00:00:49,570 --> 00:00:51,655
{\an8}A GORILA VAI AO INSTITUTO?
BOCAPODRE

14
00:00:51,739 --> 00:00:54,909
<i>Igual non se levan tan ben… Cagueina.</i>

15
00:00:55,493 --> 00:00:59,622
<i>Se cadra é mellor
non mencionar a secundaria para nada.</i>

16
00:00:59,705 --> 00:01:00,915
<i>Debín ter máis tino.</i>

17
00:01:02,083 --> 00:01:03,167
Desculpa.

18
00:01:03,667 --> 00:01:06,504
Igual é mellor non falarmos da secundaria.

19
00:01:07,505 --> 00:01:09,048
<i>Non, iso foi incómodo.</i>

20
00:01:09,131 --> 00:01:11,967
<i>Isto non está saíndo como eu esperaba.</i>

21
00:01:12,051 --> 00:01:13,511
<i>Non imos a ningures.</i>

22
00:01:14,011 --> 00:01:17,139
<i>Canto máis falo, máis meto a pata…</i>

23
00:01:17,890 --> 00:01:18,724
<i>Eh?</i>

24
00:01:19,225 --> 00:01:21,435
<i>Sempre fun así?</i>

25
00:01:26,524 --> 00:01:27,525
ACALORADO

26
00:01:27,608 --> 00:01:29,276
Como presta o aire fresco.

27
00:01:31,028 --> 00:01:31,862
Koyun…

28
00:01:31,946 --> 00:01:34,448
Por que meten o fociño na vida dos demais?

29
00:01:37,243 --> 00:01:38,702
Non o entendo…

30
00:01:39,578 --> 00:01:41,497
<i>Pechoume…</i>

31
00:01:41,997 --> 00:01:43,040
Dásme noxo.

32
00:01:44,708 --> 00:01:46,335
<i>…a porta do seu corazón.</i>

33
00:01:50,714 --> 00:01:53,134
Minato, que…?

34
00:01:53,217 --> 00:01:54,468
Que pasou?

35
00:01:54,552 --> 00:01:56,470
Yota, creo…

36
00:01:56,554 --> 00:01:59,223
Non te achegues a Koyun
por razóns estrañas.

37
00:02:00,349 --> 00:02:02,226
…que Miki igual me mata.

38
00:02:04,395 --> 00:02:05,396
Que?

39
00:03:36,528 --> 00:03:40,950
EPISODIO 5
CAMBIO

40
00:03:41,033 --> 00:03:43,452
ENFERMARÍA

41
00:03:43,535 --> 00:03:44,870
TRISTE

42
00:03:44,954 --> 00:03:45,955
Deus.

43
00:03:46,038 --> 00:03:47,456
{\an8}KOYUN NA ENFERMARÍA

44
00:03:47,539 --> 00:03:50,042
{\an8}Ala, xa volves estar comendo bolos…

45
00:03:50,125 --> 00:03:54,421
{\an8}Noriko, hai algún xeito de non enfadarse?

46
00:03:54,505 --> 00:03:57,633
- Ata ti te enfadas?
<i>- Calor… Frío…</i>

47
00:03:57,716 --> 00:03:59,051
Si.

48
00:03:59,134 --> 00:04:00,511
Pelexaches con alguén?

49
00:04:02,554 --> 00:04:06,475
Todo o mundo se enfada ás veces.

50
00:04:06,558 --> 00:04:09,311
Non tes por que ocultar o que sentes.

51
00:04:10,896 --> 00:04:14,566
Estaría ben enfadarse para desafogar,

52
00:04:15,067 --> 00:04:17,695
pero eu non son así.

53
00:04:18,570 --> 00:04:20,823
Son consciente diso, pero…

54
00:04:21,865 --> 00:04:24,660
se digo algo, sempre me arrepinto.

55
00:04:24,743 --> 00:04:25,744
ÓDIOME

56
00:04:25,828 --> 00:04:27,329
<i>Que complicadiña é!</i>

57
00:04:27,830 --> 00:04:30,332
Eu non sei que pasou,

58
00:04:30,416 --> 00:04:33,252
pero é importante expresar o que se sente.

59
00:04:33,335 --> 00:04:36,005
Se algo non che gusta, tes que dicilo.

60
00:04:36,088 --> 00:04:37,381
<i>Dicilo?</i>

61
00:04:37,965 --> 00:04:38,882
<i>Non.</i>

62
00:04:39,717 --> 00:04:43,262
<i>Nese momento, púxenme doente…</i>

63
00:04:43,846 --> 00:04:45,014
Dásme noxo.

64
00:04:45,597 --> 00:04:47,099
<i>…e quería magoalo.</i>

65
00:04:48,100 --> 00:04:52,354
<i>Non só iso, aldraxeino
sen escoitalo antes.</i>

66
00:04:53,355 --> 00:04:55,274
<i>A frustración</i>

67
00:04:55,357 --> 00:04:58,777
<i>e o arrepentimento polo que fixen
séguenme atormentando.</i>

68
00:05:00,863 --> 00:05:01,864
{\an8}MELÓN-HUM

69
00:05:01,947 --> 00:05:02,948
{\an8}Eu só quero paz.

70
00:05:03,032 --> 00:05:04,033
{\an8}SUSPIRO

71
00:05:04,116 --> 00:05:06,035
{\an8}Que dis? Aínda es unha neniña.

72
00:05:07,953 --> 00:05:09,204
Aquí estás.

73
00:05:10,831 --> 00:05:14,043
Koyun! Eu tamén vou comer aquí.

74
00:05:14,126 --> 00:05:17,338
Veña, ho.
Desde cando é isto unha cafetaría?

75
00:05:17,421 --> 00:05:18,714
Queres disto, Koyun?

76
00:05:18,797 --> 00:05:20,674
- Non, grazas.
- En fin.

77
00:05:21,216 --> 00:05:22,801
Que fas aquí?

78
00:05:22,885 --> 00:05:26,555
É que esta mañá

79
00:05:26,638 --> 00:05:30,476
oín a conversa que tivestes na entrada.

80
00:05:38,150 --> 00:05:39,610
ESTOU AQUÍ
NOME E CLASE

81
00:05:39,693 --> 00:05:41,528
Recollede todo antes de saír.

82
00:05:41,612 --> 00:05:42,821
- De acordo.
- Vale.

83
00:05:42,905 --> 00:05:45,574
VOLVO AGORA
ESTOU NA SALA DO PROFESORADO

84
00:05:46,200 --> 00:05:47,201
Mira, Koyun,

85
00:05:47,743 --> 00:05:52,206
Minato non respecta o espazo persoal
e é algo pesado e egocéntrico.

86
00:05:52,289 --> 00:05:53,916
- E é un infantil.
- Espera.

87
00:05:53,999 --> 00:05:56,168
Cre que é o centro do mundo,

88
00:05:56,251 --> 00:05:58,170
pero non é mal tipo.

89
00:06:01,173 --> 00:06:03,050
E vouche ser sincero.

90
00:06:03,550 --> 00:06:06,845
Minato e eu
sabemos de ti desde a secundaria.

91
00:06:07,596 --> 00:06:08,597
Que?

92
00:06:09,181 --> 00:06:11,600
<i>Pero non sabiamos o teu nome.</i>

93
00:06:11,683 --> 00:06:15,521
<i>Decateime cando dixeches
que estiveras no club de baloncesto.</i>

94
00:06:16,522 --> 00:06:18,982
O club de baloncesto? Como…?

95
00:06:20,859 --> 00:06:25,197
Miki díxonos que sufriras acoso.

96
00:06:28,659 --> 00:06:30,452
Bo día, Koyun.

97
00:06:30,536 --> 00:06:33,789
Por unha vez, chego antes de tempo…

98
00:06:35,958 --> 00:06:39,128
Que raio é iso?

99
00:06:39,211 --> 00:06:40,337
Ti non viches nada.

100
00:06:40,921 --> 00:06:42,506
Como que non vin nada?

101
00:06:43,048 --> 00:06:44,299
Desde cando?

102
00:06:44,383 --> 00:06:46,802
Boa pregunta. Desde sempre?

103
00:06:49,096 --> 00:06:51,306
Quen me dera que acabase todo.

104
00:06:52,808 --> 00:06:55,602
Entón, Miki contouvos…

105
00:06:55,686 --> 00:06:58,021
Por favor, non te enfades con ela.

106
00:06:58,105 --> 00:07:01,400
Estaba moi preocupada por ti daquela.

107
00:07:01,483 --> 00:07:02,985
Xa, entendo.

108
00:07:03,068 --> 00:07:07,865
<i>Miki díxonos que non se decatara
de que a súa amiga o estaba pasando mal.</i>

109
00:07:07,948 --> 00:07:10,784
<i>E que non puidera axudala.</i>

110
00:07:11,285 --> 00:07:14,329
Sigo sen entender por que non mo dixo.

111
00:07:14,830 --> 00:07:17,458
Será que non confía en min?

112
00:07:18,250 --> 00:07:20,127
Iso ponme algo triste.

113
00:07:20,836 --> 00:07:23,172
Non é que non confíe en ti.

114
00:07:23,255 --> 00:07:26,467
Igual é que non te quería preocupar.

115
00:07:27,468 --> 00:07:29,386
Parécecho?

116
00:07:29,470 --> 00:07:30,471
CHORICAR

117
00:07:30,554 --> 00:07:32,556
Quen me dera que se abrise comigo!

118
00:07:32,639 --> 00:07:33,640
Miki!

119
00:07:34,266 --> 00:07:35,350
Entón,

120
00:07:35,434 --> 00:07:37,644
ela sentíase así…

121
00:07:38,604 --> 00:07:40,647
<i>Non llo contei a Miki porque…</i>

122
00:07:40,731 --> 00:07:42,441
Vamos, Miki!

123
00:07:43,734 --> 00:07:45,068
Boa!

124
00:07:45,152 --> 00:07:46,069
Choca aí!

125
00:07:46,153 --> 00:07:48,780
<i>…Miki tomaba en serio
as actividades do club.</i>

126
00:07:49,281 --> 00:07:52,075
<i>Eu só ía adestrar</i>

127
00:07:52,159 --> 00:07:56,163
<i>por medo a deixalo. Eramos polos opostos.</i>

128
00:07:56,997 --> 00:08:02,002
<i>Non é que non confiase nela nin nada diso.</i>

129
00:08:04,463 --> 00:08:09,551
Minato debeu decatarse,
cando vos viu xuntas,

130
00:08:09,635 --> 00:08:13,013
de que eras a rapaza
do baloncesto da que falara Miki.

131
00:08:13,096 --> 00:08:16,892
Seguro que por iso
Minato estaba preocupado por ti.

132
00:08:17,893 --> 00:08:18,936
<i>Será iso.</i>

133
00:08:20,479 --> 00:08:21,563
Perdoa.

134
00:08:21,647 --> 00:08:23,982
Igual é mellor non falar da secundaria.

135
00:08:24,525 --> 00:08:26,944
<i>Por iso Amamiya dixo que…</i>

136
00:08:27,945 --> 00:08:31,031
<i>Entendín todo mal e…</i>

137
00:08:31,114 --> 00:08:32,449
PARANOICA, COHIBIDA

138
00:08:34,326 --> 00:08:35,327
Que vergoña!

139
00:08:35,410 --> 00:08:36,370
Koyun!

140
00:08:37,204 --> 00:08:40,082
Non, teño que desculparme sinceramente.

141
00:08:40,582 --> 00:08:43,168
Desculparte sinceramente?
Tampouco te pases.

142
00:08:43,252 --> 00:08:45,212
Queres que fale eu con el?

143
00:08:45,295 --> 00:08:47,881
Non, quero expresar o meu arrepentimento.

144
00:08:47,965 --> 00:08:49,216
Arrepentimento?

145
00:08:49,841 --> 00:08:52,719
Non creo que lle parecese tan mal.

146
00:08:53,303 --> 00:08:55,722
Non te preocupes, que é Minato.

147
00:08:56,848 --> 00:08:58,433
Ei, Amamiya!

148
00:09:00,561 --> 00:09:02,437
Perdoa. Tíraa.

149
00:09:04,314 --> 00:09:06,400
Ola!

150
00:09:07,693 --> 00:09:11,488
Que? Enfadácheste, Amamiya?

151
00:09:12,072 --> 00:09:14,324
Perdoa, estaba na verza.

152
00:09:14,408 --> 00:09:15,242
Que?

153
00:09:15,826 --> 00:09:17,327
Sorprendeume iso.

154
00:09:17,411 --> 00:09:19,663
Pensei que te enfadaras.

155
00:09:19,746 --> 00:09:23,584
Serás parvo.
Minato sempre ten esa cara seria.

156
00:09:26,086 --> 00:09:28,505
Por que te metes na vida dos demais?

157
00:09:29,089 --> 00:09:33,552
<i>Diría iso
porque estaba falando con Igarashi?</i>

158
00:09:34,052 --> 00:09:36,763
<i>Pero será para tanto?</i>

159
00:09:37,764 --> 00:09:41,852
<i>Dise que non lles fagas a outros
o que non queres que che fagan a ti.</i>

160
00:09:42,352 --> 00:09:44,521
<i>Pero o contrario non estará ben?</i>

161
00:09:45,314 --> 00:09:46,607
<i>Non entendo.</i>

162
00:09:47,107 --> 00:09:48,525
<i>Mellor dito,</i>

163
00:09:48,609 --> 00:09:50,902
<i>somos demasiado diferentes.</i>

164
00:09:50,986 --> 00:09:53,488
<i>Temos valores
e formas de pensar distintos.</i>

165
00:09:54,364 --> 00:09:56,533
<i>O que para min está ben</i>

166
00:09:57,868 --> 00:10:00,329
<i>para ela non o está e ao revés.</i>

167
00:10:01,121 --> 00:10:04,541
<i>Entón, faga o que faga,
vaille parecer mal.</i>

168
00:10:07,127 --> 00:10:11,298
<i>Por intentar axudar son sempre arrogante?</i>

169
00:10:11,381 --> 00:10:13,050
Ti que dis, Miki?

170
00:10:14,509 --> 00:10:17,554
<i>Se falamos de ser arrogantes,
ela tamén o é.</i>

171
00:10:17,638 --> 00:10:21,808
<i>Ela distingue claramente
entre a xente que lle gusta e a que non.</i>

172
00:10:21,892 --> 00:10:24,478
<i>Yota e Miki cáenlle ben.</i>

173
00:10:24,561 --> 00:10:27,064
<i>Pero a min rexéitame.</i>

174
00:10:28,565 --> 00:10:29,566
{\an8}DESGUSTADO

175
00:10:30,150 --> 00:10:32,569
<i>Estame facendo sentir incómodo.</i>

176
00:10:32,653 --> 00:10:34,363
{\an8}PUN, PUN

177
00:10:34,446 --> 00:10:35,947
{\an8}Que foi?

178
00:10:36,531 --> 00:10:39,451
<i>Ben. Non lle vou facer máis caso.</i>

179
00:10:39,534 --> 00:10:42,663
<i>Non é bo para ninguén
e non vale a pena preocuparse.</i>

180
00:10:42,746 --> 00:10:43,705
1º CURSO CLASE 5

181
00:10:44,956 --> 00:10:45,957
Yota.

182
00:10:46,541 --> 00:10:48,752
A onde fuches á hora do xantar?

183
00:10:50,545 --> 00:10:51,588
Ao baño?

184
00:10:51,672 --> 00:10:52,714
Tanto tempo?

185
00:10:56,551 --> 00:11:00,472
<i>Rematou o día
e non atopei o momento de desculparme.</i>

186
00:11:01,056 --> 00:11:04,017
<i>Pero existe
un bo momento para desculparse?</i>

187
00:11:04,101 --> 00:11:05,227
CANDO DESCULPARSE

188
00:11:06,895 --> 00:11:09,272
<i>Espero poder falar con el mañá.</i>

189
00:11:09,356 --> 00:11:10,732
Ata logo, Minato.

190
00:11:11,316 --> 00:11:12,150
Adeus.

191
00:11:31,044 --> 00:11:34,506
<i>En todo este tempo,</i>

192
00:11:34,589 --> 00:11:38,301
<i>non lle dei unha soa oportunidade.</i>

193
00:11:39,845 --> 00:11:42,180
<i>Deixeime levar por experiencias pasadas</i>

194
00:11:42,264 --> 00:11:44,766
<i>e dei por feito que non conxeniariamos.</i>

195
00:11:45,517 --> 00:11:47,769
<i>Rexeiteino sen coñecelo ben.</i>

196
00:11:48,353 --> 00:11:52,524
<i>Fixen algo
que detestaría que me fixesen a min.</i>

197
00:11:58,864 --> 00:12:00,824
<i>Esa expresión…</i>

198
00:12:00,907 --> 00:12:04,286
<i>É a cara que pon cando marca distancias.</i>

199
00:12:04,870 --> 00:12:08,081
<i>Pensei que co tempo nos fariamos amigos,</i>

200
00:12:08,582 --> 00:12:11,042
<i>pero iso era pola miña soberbia.</i>

201
00:12:11,626 --> 00:12:12,878
<i>Fun un arrogante.</i>

202
00:12:13,378 --> 00:12:15,380
<i>Estaba sendo un pesado con ela.</i>

203
00:12:16,006 --> 00:12:19,176
<i>Igual era mellor non volvela molestar.</i>

204
00:12:19,259 --> 00:12:20,677
Amamiya!

205
00:12:21,261 --> 00:12:22,095
Eh?

206
00:12:24,723 --> 00:12:25,932
Perdoa.

207
00:12:28,810 --> 00:12:32,439
Podemos falar un momento?

208
00:12:38,528 --> 00:12:40,906
Tes tempo agora?

209
00:12:40,989 --> 00:12:43,992
Si, teño que facer tempo
antes do adestramento.

210
00:12:46,161 --> 00:12:47,954
Pois…

211
00:12:48,538 --> 00:12:53,126
<i>Que digo? Estou avergoñada.
Estou avergoñada de todo.</i>

212
00:12:53,210 --> 00:12:55,212
{\an8}MALENTENDIDO
PARANOICA, AVERGOÑADA

213
00:12:56,671 --> 00:12:58,965
Perdoa por portarme tan mal contigo.

214
00:12:59,466 --> 00:13:00,467
Vale.

215
00:13:00,550 --> 00:13:02,385
Cando falaches da secundaria,

216
00:13:02,469 --> 00:13:06,431
preocupábame como souberas que pasara alí.

217
00:13:06,932 --> 00:13:11,812
A idea de que Igarashi cho dixera
revolvíame o estómago.

218
00:13:12,646 --> 00:13:16,817
<i>Pero Yota díxome hoxe
que fora todo un malentendido.</i>

219
00:13:17,400 --> 00:13:18,401
Dixo iso Yota?

220
00:13:21,947 --> 00:13:22,989
O baño?

221
00:13:23,073 --> 00:13:24,324
Ese rapaz…

222
00:13:25,116 --> 00:13:26,326
Eu…

223
00:13:26,910 --> 00:13:30,413
precipiteime e porteime mal contigo.

224
00:13:30,914 --> 00:13:31,915
Eu…

225
00:13:32,958 --> 00:13:35,585
Eu… pois…

226
00:13:35,669 --> 00:13:40,632
{\an8}<i>Teño a cabeza ateigada de palabras,
pero non atopo o xeito de expresalas.</i>

227
00:13:40,715 --> 00:13:42,342
{\an8}QUERO DESCULPARME E CAMBIAR

228
00:13:42,425 --> 00:13:43,844
POR AUTOSATISFACCIÓN?

229
00:13:43,927 --> 00:13:45,345
QUE QUERO DICIRLLE?

230
00:13:46,137 --> 00:13:48,390
<i>Cando intento expresar o que sinto,</i>

231
00:13:49,015 --> 00:13:51,476
<i>as palabras atragóanseme na gorxa.</i>

232
00:13:51,560 --> 00:13:53,728
<i>Os sentimentos que non dou expresado</i>

233
00:13:54,396 --> 00:13:56,439
<i>saen en forma de bágoas.</i>

234
00:13:57,482 --> 00:13:59,109
PARA!

235
00:13:59,192 --> 00:14:02,070
<i>Non chores!</i>

236
00:14:02,153 --> 00:14:03,196
<i>Por que sempre…?</i>

237
00:14:03,280 --> 00:14:04,990
{\an8}<i>Debo desculparme, non chorar.</i>

238
00:14:05,073 --> 00:14:06,032
{\an8}BAGULLANDO

239
00:14:06,116 --> 00:14:08,326
{\an8}<i>Aguanta!</i>

240
00:14:08,410 --> 00:14:09,411
Hikawa.

241
00:14:10,036 --> 00:14:11,288
Non pasa nada.

242
00:14:12,873 --> 00:14:15,208
Non tes que desculparte máis.

243
00:14:15,292 --> 00:14:17,419
Ademais, fun eu quen te molestou.

244
00:14:17,502 --> 00:14:20,797
<i>Era boa.
Ata hai un momento eu estaba enfadado.</i>

245
00:14:20,881 --> 00:14:22,549
<i>Por que me poño a consolala?</i>

246
00:14:22,632 --> 00:14:24,926
Desafógate. Que…?

247
00:14:25,010 --> 00:14:26,928
BAGULLANDO

248
00:14:29,014 --> 00:14:31,641
<i>Se alguén é amable
cando aguanto as bágoas,</i>

249
00:14:32,309 --> 00:14:33,852
<i>saen todas de golpe…</i>

250
00:14:34,519 --> 00:14:36,688
ENCHENTE DE BÁGOAS

251
00:14:37,272 --> 00:14:38,315
<i>Está chorando.</i>

252
00:14:39,900 --> 00:14:41,192
{\an8}ESFIAÑAR
BOLIÑAS

253
00:14:41,276 --> 00:14:42,277
OCULTAR

254
00:14:42,861 --> 00:14:44,195
Eu<i>…</i>

255
00:14:44,779 --> 00:14:48,450
{\an8}Mentín cando dixen
que non tiña relación con Igarashi.

256
00:14:48,533 --> 00:14:51,036
{\an8}- Que?
- De feito, é o contrario.

257
00:14:51,661 --> 00:14:53,955
{\an8}Agora xa non nos levamos ben.

258
00:14:55,874 --> 00:14:58,001
A onde hai que levalos?

259
00:14:58,084 --> 00:14:59,961
Á esquerda e logo todo dereito.

260
00:15:02,047 --> 00:15:03,423
ESTÁN SÓS, CHORANDO

261
00:15:03,506 --> 00:15:04,716
{\an8}POSIBLE MALENTENDIDO

262
00:15:05,800 --> 00:15:06,885
Hikawa.

263
00:15:09,304 --> 00:15:10,972
Pesa moito.

264
00:15:11,681 --> 00:15:14,476
Ves isto? Que pensas?

265
00:15:14,976 --> 00:15:17,103
Que fan?

266
00:15:17,187 --> 00:15:19,564
Igual atoparon un monstro estraño.

267
00:15:20,565 --> 00:15:21,942
Meus pais son…

268
00:15:27,405 --> 00:15:28,740
Grazas.

269
00:15:31,409 --> 00:15:32,410
Quen é ese?

270
00:15:34,913 --> 00:15:36,331
É o meu pomerania.

271
00:15:38,333 --> 00:15:39,751
<i>Riu.</i>

272
00:15:42,087 --> 00:15:43,088
Que bonito!

273
00:15:48,176 --> 00:15:49,970
Teño que marchar.

274
00:15:50,053 --> 00:15:51,179
Desculpa.

275
00:15:51,262 --> 00:15:52,263
Adeus.

276
00:15:55,392 --> 00:15:56,768
Ata mañá.

277
00:15:57,394 --> 00:16:00,271
Vale. Ata logo.

278
00:16:15,370 --> 00:16:18,039
<i>Un momento.</i>

279
00:16:18,623 --> 00:16:21,543
<i>Hikawa dixo
que xa non se leva ben con Igarashi.</i>

280
00:16:21,626 --> 00:16:23,420
<i>Pero daquela…</i>

281
00:16:24,004 --> 00:16:26,297
Ei, Igarashi,

282
00:16:26,881 --> 00:16:28,049
lembras a Hikawa?

283
00:16:32,178 --> 00:16:33,471
Hikawa?

284
00:16:33,972 --> 00:16:36,933
Non lembro a ninguén
con ese nome na secundaria.

285
00:16:37,475 --> 00:16:38,309
<i>Espera.</i>

286
00:16:39,185 --> 00:16:40,645
<i>Que significa todo isto?</i>

287
00:16:41,146 --> 00:16:43,314
RECOMENDACIÓN DO DÍA: FEIRA DE RAMEN

288
00:16:43,398 --> 00:16:45,316
ARROZ E CUNCOS

289
00:16:45,400 --> 00:16:47,068
DISTRAÍDO

290
00:16:47,652 --> 00:16:50,071
<i>Non parecía que mentisen ningún dos dous.</i>

291
00:16:50,155 --> 00:16:51,781
De feito, é o contrario.

292
00:16:51,865 --> 00:16:52,991
Quen é?

293
00:16:53,074 --> 00:16:55,076
<i>Que pasou entre eles?</i>

294
00:16:55,160 --> 00:16:57,495
Por que meterse na vida dos demais?

295
00:16:57,579 --> 00:16:58,580
Eh?

296
00:16:59,330 --> 00:17:00,749
DESANIMADO

297
00:17:01,875 --> 00:17:03,543
Pásache algo, Amamiya?

298
00:17:04,669 --> 00:17:05,712
Non, nada.

299
00:17:05,795 --> 00:17:09,966
Mentireiro! Estás totalmente distraído.

300
00:17:10,050 --> 00:17:11,051
Estou escoitando.

301
00:17:11,134 --> 00:17:13,511
Entón, de que estaba falando eu? Dime.

302
00:17:13,595 --> 00:17:15,013
Vaia moza máis esixente.

303
00:17:15,096 --> 00:17:16,097
QUE DIXECHES?

304
00:17:16,181 --> 00:17:19,517
Minato, vánseche pasar os fideos,
como sigas na verza.

305
00:17:20,018 --> 00:17:23,104
{\an8}- De onde vén esa combinación?
- Non casan ben, non?

306
00:17:23,188 --> 00:17:24,564
Están ricos.

307
00:17:24,647 --> 00:17:26,524
- Gluten a esgalla.
- Que?

308
00:17:26,608 --> 00:17:27,609
<i>Yota.</i>

309
00:17:27,692 --> 00:17:30,695
Yota díxome hoxe no xantar
que fora un malentendido.

310
00:17:31,654 --> 00:17:34,282
<i>Chámalle Yota con total confianza.</i>

311
00:17:34,783 --> 00:17:37,786
<i>Rematamos os exames
e veñen as vacacións do inverno.</i>

312
00:17:38,286 --> 00:17:39,954
<i>Non teremos nada en común.</i>

313
00:17:45,293 --> 00:17:46,294
SORBER

314
00:17:46,377 --> 00:17:48,963
<i>- E que?</i>
- Dun golpe? Metes medo!

315
00:17:51,299 --> 00:17:55,220
<i>Como reaccionará se lle vou falar
a próxima vez que nos vexamos?</i>

316
00:17:55,887 --> 00:17:59,891
<i>Sentirase incómoda?
Ou manterá a distancia, coma antes?</i>

317
00:17:59,974 --> 00:18:00,975
EPISODIO 1

318
00:18:02,769 --> 00:18:04,229
<i>Xa non sei que pensar.</i>

319
00:18:07,315 --> 00:18:08,733
{\an8}TROPEZO

320
00:18:09,359 --> 00:18:10,819
Amamiya.

321
00:18:10,902 --> 00:18:11,986
PONSE ENCARNADA

322
00:18:17,575 --> 00:18:18,743
<i>Que?</i>

323
00:18:19,327 --> 00:18:21,246
Onte,

324
00:18:21,830 --> 00:18:24,749
perdoa por chorar
cando me estaba desculpando.

325
00:18:24,833 --> 00:18:27,085
Son un desastre.

326
00:18:27,919 --> 00:18:29,254
DISTRAÍDO

327
00:18:29,337 --> 00:18:32,841
Non é que pensase
que me perdoarías se choraba.

328
00:18:32,924 --> 00:18:33,925
NON

329
00:18:34,008 --> 00:18:35,009
Non te preocupes.

330
00:18:35,593 --> 00:18:38,555
Ás veces agoniámonos

331
00:18:38,638 --> 00:18:42,267
e choramos sen ningún motivo, non?

332
00:18:42,350 --> 00:18:43,351
PERPLEXA

333
00:18:43,434 --> 00:18:45,645
A ti tamén che pasa?

334
00:18:46,813 --> 00:18:48,148
- E que?
- Que?

335
00:18:48,731 --> 00:18:51,401
Pensabas que non o entendería?

336
00:18:51,484 --> 00:18:54,654
- O que?
- Iso é terrible.

337
00:18:54,737 --> 00:18:55,738
CHORICA

338
00:18:55,822 --> 00:18:56,906
ATURULADA

339
00:18:56,990 --> 00:18:58,324
Pois non o esperaba.

340
00:18:58,408 --> 00:18:59,409
{\an8}AH

341
00:18:59,993 --> 00:19:04,247
Non o parecerá,
pero son un rapaz sensible.

342
00:19:06,374 --> 00:19:07,417
Que cara é esa?

343
00:19:12,380 --> 00:19:13,631
Non te pases.

344
00:19:19,095 --> 00:19:21,598
Ben, eu vou por aí.

345
00:19:21,681 --> 00:19:23,683
- Ao teu club?
- Acertaches.

346
00:19:25,310 --> 00:19:26,436
Boa sorte.

347
00:19:27,687 --> 00:19:28,688
Vale.

348
00:19:43,494 --> 00:19:47,457
<i>Non podo pensar sempre
que a xente non me entende</i>

349
00:19:47,540 --> 00:19:50,126
<i>ou que me rexeitarán.</i>

350
00:19:53,296 --> 00:19:55,632
{\an8}MIKI, VEN AO MEU TRABALLO NAS VACACIÓNS

351
00:19:55,715 --> 00:19:59,427
{\an8}<i>Parece que algo cambiou un chisquiño…
ou igual non.</i>

352
00:19:59,510 --> 00:20:00,720
{\an8}TAMÉN INVITO A YOTA

353
00:20:01,930 --> 00:20:03,306
<i>Así me gusta.</i>

354
00:20:04,307 --> 00:20:07,393
<i>As vacacións do inverno comezan mañá.</i>

355
00:21:39,027 --> 00:21:41,195
{\an8}BENVIDOS
FEIRA DAS VACACIÓNS

356
00:21:41,779 --> 00:21:45,950
Miharu! Sora! Canto tempo! Ei!

357
00:21:46,034 --> 00:21:47,243
Ei!

358
00:21:47,327 --> 00:21:48,453
Que tal?

359
00:21:48,536 --> 00:21:49,871
POÑÉNDOSE AO DÍA

360
00:21:49,954 --> 00:21:52,623
Non te volvín ver. Que tal o instituto?

361
00:21:52,707 --> 00:21:54,542
É tranquilo, está ben.

362
00:21:54,625 --> 00:21:57,545
Entón, tedes mozo?

363
00:21:57,628 --> 00:21:59,380
- Pois non.
- Eu tampouco.

364
00:21:59,464 --> 00:22:00,715
<i>Non perde o tempo.</i>

365
00:22:00,798 --> 00:22:04,344
Saíches con varios na secundaria.

366
00:22:04,427 --> 00:22:07,972
O guapiño aquel de bacharelato
e o xogador de voleibol.

367
00:22:08,931 --> 00:22:10,808
Ben, iso foi…

368
00:22:11,309 --> 00:22:14,062
Pediume para saír así de repente.

369
00:22:14,145 --> 00:22:15,146
POR QUE NON?

370
00:22:15,229 --> 00:22:17,982
Collinlle cariño e díxenlle que si.

371
00:22:18,066 --> 00:22:21,235
Cada vez que saio cun rapaz,
acaba cortando

372
00:22:21,319 --> 00:22:23,488
porque non son como esperaba.

373
00:22:25,073 --> 00:22:29,202
Crean unha versión ideal de min
e logo quedan decepcionados!

374
00:22:29,285 --> 00:22:31,412
Púxose en modo gorila total.

375
00:22:31,496 --> 00:22:32,997
Desculpa.

376
00:22:33,081 --> 00:22:37,001
Só digo que iso non é saír con alguén.

377
00:22:37,085 --> 00:22:40,505
A próxima vez que saia con alguén,

378
00:22:41,130 --> 00:22:46,094
quero ser eu quen lle pida para saír.

379
00:22:46,177 --> 00:22:47,804
Gústache algún rapaz?

380
00:22:47,887 --> 00:22:48,888
Ninguén.

381
00:22:49,847 --> 00:22:51,474
<i>E Amamiya, que?</i>

382
00:22:51,557 --> 00:22:54,394
<i>Mencionalo a el agora
complicará máis as cousas.</i>

383
00:22:54,894 --> 00:22:56,270
E ti que, Koyuki?

384
00:22:56,354 --> 00:22:58,022
Hai algún mozo na túa vida?

385
00:22:59,232 --> 00:23:00,316
Eu?

386
00:23:04,278 --> 00:23:05,279
Non, grazas.

387
00:23:06,572 --> 00:23:09,700
Creo que as relacións de parella
non son para min.

388
00:23:10,368 --> 00:23:14,288
Admírovos por seguirdes cos vosos mozos.

389
00:23:15,957 --> 00:23:17,625
Non é para tanto.

390
00:23:18,626 --> 00:23:20,044
Tendes fotos?

391
00:23:20,128 --> 00:23:21,421
HA, HA

392
00:23:21,504 --> 00:23:22,797
Querédelas ver?

393
00:23:24,424 --> 00:23:26,634
{\an8}Marcho para o traballo. Ata logo.

394
00:23:26,717 --> 00:23:27,844
{\an8}- Ata logo!
- Adeus.

395
00:23:27,927 --> 00:23:29,220
{\an8}Quedamos outro día.

396
00:23:31,389 --> 00:23:34,183
Koyuki débeo estar pasando mal, non?

397
00:23:34,684 --> 00:23:38,312
Que lle vai facer?
Pasoulle aquilo con Igarashi.

398
00:23:39,355 --> 00:23:43,276
Pois non entendo por que saíu con Igarashi

399
00:23:43,860 --> 00:23:46,112
na secundaria.

400
00:23:47,113 --> 00:23:48,948
Pensei que o odiaba.

401
00:23:49,031 --> 00:23:51,200
Si, a min tamén me sorprendeu.

402
00:23:51,284 --> 00:23:53,870
<i>Creo que é culpa miña.</i>

403
00:23:53,953 --> 00:23:55,955
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa

