WEBVTT

00:12.533 --> 00:14.535
Vou buscar unha bebida.

00:14.618 --> 00:16.871
Amamiya, eu tamén vou.

00:24.545 --> 00:26.005
<i>Sen dicir unha palabra…</i>

00:26.547 --> 00:28.049
<i>Chegamos.</i>

00:38.809 --> 00:45.357
Que cara poñerán
cando volvan e non nos atopen aquí?

00:45.441 --> 00:46.901
Queres liscar?

00:46.984 --> 00:48.360
TOLEARON

00:50.529 --> 00:51.906
<i>- Que frío…
- Que calor…</i>

00:51.989 --> 00:52.990
BUM

00:53.074 --> 00:54.116
Minato!

00:55.910 --> 00:57.244
Ola, Kenta.

00:57.745 --> 00:59.747
Miraches as preguntas que che dei?

01:01.207 --> 01:02.416
<i>Os do último ano.</i>

01:03.084 --> 01:05.753
<i>- Lisco.</i>
- Estívenas mirando ata agora.

01:05.836 --> 01:07.129
Estás seguro?

01:08.881 --> 01:10.049
É pupilo teu?

01:10.132 --> 01:11.592
Si. Riquiño, non?

01:11.675 --> 01:13.844
Kenta cóidate a xeito?

01:13.928 --> 01:16.889
El cre que é moita cousa,
pero quen lle dera.

01:16.972 --> 01:18.432
Como?

01:18.516 --> 01:20.267
DESAPAREZO

01:20.351 --> 01:21.811
- Ata logo.
- Chao.

01:21.894 --> 01:22.895
Ata logo.

01:23.729 --> 01:24.730
AXEXO

01:24.814 --> 01:26.649
- Acabaches?
- Hikawa!

01:27.483 --> 01:30.528
Podías ser ti mesma, sabes?

01:30.611 --> 01:31.862
Non é iso.

01:32.446 --> 01:36.158
Non é que non fose eu mesma,
é que non coñezo os grandes.

01:36.951 --> 01:38.202
Dábanche medo?

01:38.285 --> 01:39.620
RECORDOS DA SECUNDARIA

01:39.703 --> 01:40.663
Un pouco.

01:40.746 --> 01:42.540
<i>É tímida con descoñecidos…</i>

01:48.879 --> 01:49.839
Hikawa.

01:51.215 --> 01:54.301
Eu tamén che dou medo?

01:54.385 --> 01:55.386
Eh?

01:57.763 --> 01:58.973
Non.

01:59.056 --> 02:00.182
<i>Xa non.</i>

02:00.683 --> 02:02.059
Non me dás medo.

02:08.858 --> 02:10.568
Menos mal.

02:15.281 --> 02:18.701
<i>Claro. Amamiya tamén é humano.</i>

02:18.784 --> 02:21.287
<i>El tamén sofre e se agonía.</i>

02:21.912 --> 02:24.165
<i>Iso está claro, pero…</i>

02:25.791 --> 02:28.919
<i>Como o tratei eu todo este tempo?</i>

02:31.797 --> 02:33.215
Amamiya.

02:33.799 --> 02:36.635
<i>Meu, que fago?
Non me atrevo a mirala á cara.</i>

02:39.805 --> 02:40.806
Eh?

02:44.018 --> 02:45.936
- Unha cas… cas… cas…
- Cas?

02:46.020 --> 02:48.105
Aí! Detrás de ti!

02:48.189 --> 02:50.649
Mira! Aí!

02:50.733 --> 02:52.276
Eh? Que?

03:00.159 --> 03:01.785
PUF, HA, HA

03:03.871 --> 03:05.080
Arre demo…

03:06.999 --> 03:08.542
Pensei que tolearas!

03:08.626 --> 03:11.545
É que… Perdoa.

03:12.922 --> 03:16.217
<i>Non quero forzar a porta
para sermos amigos.</i>

03:16.884 --> 03:20.304
<i>Quérote coñecer tal como es
e sermos amigos de verdade.</i>

03:20.888 --> 03:22.139
<i>Quérote facer rir.</i>

03:22.890 --> 03:24.225
<i>Só iso.</i>

03:26.143 --> 03:27.561
<i>Só era iso.</i>

03:28.437 --> 03:29.855
<i>Pero…</i>

05:01.572 --> 05:05.993
EPISODIO 9
COÑECERSE A UN MESMO

05:06.827 --> 05:08.495
Tómano con moita calma.

05:10.831 --> 05:12.624
Non están tardando demasiado?

05:12.708 --> 05:14.293
Non deben querer estudar.

05:14.376 --> 05:15.669
Xa veñen os exames.

05:15.753 --> 05:18.047
- Mira quen vai falar.
- Collíchesme.

05:18.130 --> 05:20.174
OPERACIÓN SORPRESA
PARA CANDO VEÑAN

05:21.800 --> 05:23.177
Entón, Yota,

05:23.844 --> 05:25.095
quen che gusta?

05:26.764 --> 05:28.265
Por que preguntas?

05:28.349 --> 05:33.187
Como nunca falas diso, teño curiosidade.

05:38.817 --> 05:39.818
Miki.

05:39.902 --> 05:40.903
Eh?

05:46.867 --> 05:48.952
- E Koyun.
- Eh?

05:49.036 --> 05:51.705
Hayato, Daichi, Gin,

05:51.789 --> 05:54.625
miña nai, meu pai, Haruto, Sakuro.

05:54.708 --> 05:56.293
Para, a modo.

05:56.377 --> 05:58.128
Non esquezas a Minato.

06:02.132 --> 06:03.717
Oe, Yota.

06:03.801 --> 06:09.056
Se algunha vez te namoras de alguén,
aí estarei eu para apoiarte.

06:09.556 --> 06:12.351
Ti sempre me axudaches cando o precisei.

06:17.856 --> 06:20.234
- Sabía que podía contar contigo.
- Si.

06:21.819 --> 06:23.445
Volveron.

06:24.822 --> 06:26.532
Onde vai todo o mundo?

06:26.615 --> 06:29.410
As cousas téñenas aquí. Irían ao baño?

06:31.578 --> 06:33.747
Seguro que volven axiña.

06:34.248 --> 06:35.249
Supoño que si.

06:38.377 --> 06:43.507
<i>Yota reprime os seus sentimentos
para seguir sendo amigo de Miki.</i>

06:44.174 --> 06:46.260
<i>E iso estao queimando.</i>

06:47.094 --> 06:51.265
<i>Do mesmo xeito,
se Hikawa se namora de Yota,</i>

06:51.765 --> 06:54.017
<i>el non lle corresponderá.</i>

06:54.852 --> 06:56.520
<i>Ela non debía meterse aí…</i>

06:57.312 --> 06:59.022
<i>Ou iso pensaba eu.</i>

07:00.023 --> 07:04.361
<i>Pero estas cousas
non se poden controlar á vontade.</i>

07:07.698 --> 07:09.533
<i>Oxalá non me decatase diso.</i>

07:10.617 --> 07:13.829
<i>Por fin parece
que ela se abriu un pouco comigo.</i>

07:14.621 --> 07:17.416
<i>- Prefiro non entrar en…</i>
- Amamiya.

07:21.170 --> 07:22.296
Mira.

07:22.379 --> 07:24.882
Só me quedan dous, así que aproveita.

07:29.178 --> 07:30.429
Grazas.

07:33.056 --> 07:34.183
<i>Vaia amoladura…</i>

07:34.266 --> 07:35.267
ASOMA

07:35.350 --> 07:37.519
- Aproveita? Ai!
- Estabas aí?

07:43.233 --> 07:44.234
AULA DE ARTE

07:44.318 --> 07:46.778
Sempre xantas na aula de arte, Tsukiko?

07:46.862 --> 07:51.241
Si. Xanto rapidamente e sigo traballando.

07:52.910 --> 07:54.286
Moi práctico.

07:54.369 --> 07:56.371
DO EPISODIO 6
COMITÉ DA BIBLIOTECA

07:56.455 --> 07:57.789
Son Tsukiko Shimojima.

07:58.457 --> 08:02.544
Ao comezo,
xantaba con todo o mundo na aula,

08:02.628 --> 08:05.881
<i>pero eramos un grupo grande
e non eramos tan amigas.</i>

08:05.964 --> 08:07.674
GRUPO DE AMIGAS DA SECUNDARIA

08:07.758 --> 08:09.051
COMPAÑEIRAS DE CLUB

08:09.134 --> 08:15.807
<i>Tiñamos a regra non escrita
de non comezar a comer ata estarmos todas.</i>

08:15.891 --> 08:20.312
Pensei:
"Isto é o que fan as amigas de verdade?"

08:20.395 --> 08:24.316
Por iso comecei a tomar distancia
e separeime do grupo.

08:24.399 --> 08:25.817
HA, HA

08:27.653 --> 08:30.864
Pero non é
que me enfadase con elas nin nada diso.

08:30.948 --> 08:33.033
Sigo véndoas a todas por separado.

08:33.534 --> 08:37.162
<i>Ala! Vai pensar
que son unha malísima persoa.</i>

08:37.246 --> 08:38.580
Enténdoo.

08:39.164 --> 08:41.833
Enténdoo tan ben que me sinto algo mal.

08:41.917 --> 08:43.502
<i>Empatía.</i>

08:43.585 --> 08:45.254
Estás ben?

08:45.754 --> 08:49.091
Tampouco me remexo moi ben en grupo.

08:49.591 --> 08:51.843
<i>Iso xa o vexo.</i>

08:51.927 --> 08:54.096
OLLADA

08:56.181 --> 08:57.349
Ala.

08:57.432 --> 09:00.852
Oxalá falásemos antes.

09:02.938 --> 09:04.064
EI!

09:04.147 --> 09:05.482
Hoxe teño amorodos.

09:05.566 --> 09:06.942
Queres?

09:07.025 --> 09:08.360
Seguro?

09:08.443 --> 09:11.363
1º CURSO CLASE 6

09:11.446 --> 09:13.073
ESTUDO DESPOIS DA CLASE

09:13.156 --> 09:14.866
Entón, curry…

09:15.951 --> 09:17.119
Alguén quere curry?

09:17.703 --> 09:18.620
- Eh?
- Que?

09:18.704 --> 09:21.498
Un curry sempre presta, non?

09:21.582 --> 09:23.625
Apúntaste! Ti es dos meus.

09:24.418 --> 09:28.130
Seica abriu un restaurante de curry
no novo centro comercial.

09:28.213 --> 09:29.339
PARADA DE SERVIZO

09:29.423 --> 09:30.549
- Imos?
- Claro.

09:30.632 --> 09:31.925
TEÑEN BONO DE TRANSPORTE

09:32.009 --> 09:34.303
Vós teredes que vir no tren connosco.

09:34.386 --> 09:35.429
Non me importa.

09:35.512 --> 09:36.513
A min tampouco.

09:36.597 --> 09:38.432
Ceamos na casa?

09:38.515 --> 09:42.060
Koyun, sempre estás preocupada por iso.
Tranquila.

09:42.144 --> 09:43.145
Sempre?

09:43.228 --> 09:47.149
Perfecto! Imos de excursión!

09:47.232 --> 09:49.651
ESTACIÓN - INSTITUTO
TRACA TRACA TRACA

09:50.569 --> 09:51.653
Vaia.

09:51.737 --> 09:54.948
- Agárraste aí?
- Eh?

09:55.032 --> 09:56.116
- Que envexa!
- Si?

09:56.199 --> 09:57.159
OCORRENCIA

09:57.743 --> 09:59.786
Eu non preciso agarrarme.

10:00.287 --> 10:01.330
<i>Teso! Forza!</i>

10:01.413 --> 10:02.998
Así é como compites?

10:06.084 --> 10:07.127
Como pesas.

10:07.210 --> 10:08.670
Iso non é terse só.

10:08.754 --> 10:10.672
Non uso as mans, así que vale.

10:10.756 --> 10:12.174
Iso non vale.

10:25.812 --> 10:29.941
<i>As cousas cambiaron moitísimo ultimamente.</i>

10:33.070 --> 10:38.909
<i>Na secundaria sentía que estaba
nunha peixeira e que non podía respirar.</i>

10:39.910 --> 10:42.829
<i>Non podía ser coma as outras e iso doíame.</i>

10:43.705 --> 10:46.166
<i>Decateime de que alí non encaixaba.</i>

10:47.209 --> 10:50.170
<i>Pero cando saín,
tampouco encaixaba noutro sitio.</i>

10:50.754 --> 10:53.548
<i>Sentín que era culpa miña
por non adaptarme.</i>

10:54.341 --> 10:56.760
<i>Doía… Doía moitísimo…</i>

10:57.844 --> 10:58.679
<i>Pero logo…</i>

11:00.514 --> 11:02.933
<i>Logo atopei o xeito de fuxir da peixeira</i>

11:03.850 --> 11:07.354
<i>e vin que non tiña por que sufrir
nun mundo tan cativo.</i>

11:07.437 --> 11:10.607
<i>Cando entendín
que non tiña que conformarme con iso,</i>

11:12.025 --> 11:14.444
<i>todo me parecía insignificante.</i>

11:17.531 --> 11:18.615
BOLETÍN ESTUDANTIL

11:18.699 --> 11:19.950
BENVIDOS AO INSTITUTO

11:20.033 --> 11:21.993
<i>Clubs, eventos escolares, amigos…</i>

11:22.077 --> 11:24.454
<i>Se pasase os seguintes tres anos en paz,</i>

11:25.080 --> 11:26.873
<i>entón todo iso non importaría.</i>

11:31.294 --> 11:33.630
<i>As cousas cambiaron moito desde aquela.</i>

11:34.548 --> 11:38.093
Quedou moi bonita a zona da estación.

11:39.094 --> 11:41.596
<i>Ou cambiaría eu tamén?</i>

11:42.431 --> 11:45.100
É moi diferente a como era antes.

11:45.183 --> 11:47.352
Subirían os alugueiros un montón.

11:47.436 --> 11:48.645
E que máis che ten?

11:49.146 --> 11:51.189
<i>Si, todo irá ben.</i>

11:52.190 --> 11:56.027
<i>Podo finxir
que os malos recordos non existen.</i>

11:56.695 --> 12:00.615
REBAIXAS DE INAUGURACIÓN

12:01.742 --> 12:06.037
Nós estamos aquí
e a zona de restaurantes está aquí, entón…

12:06.121 --> 12:07.122
RESTAURANTES

12:07.205 --> 12:08.206
Por aquí.

12:08.290 --> 12:09.499
BULINDO

12:09.583 --> 12:12.544
Sabía que irías por aí.
É en sentido contrario.

12:12.627 --> 12:13.628
AH

12:13.712 --> 12:15.422
Veña, é por aquí.

12:15.505 --> 12:17.591
Seguro? Non me estarás enganando?

12:17.674 --> 12:19.134
Seguro.

12:19.217 --> 12:21.720
<i>A que veñen esas confianzas?</i>

12:21.803 --> 12:22.804
<i>Paréceme moi ben!</i>

12:22.888 --> 12:23.889
FAISE A LUZ

12:30.145 --> 12:31.229
Amodo?

12:34.483 --> 12:35.776
Espera!

12:36.485 --> 12:38.820
- Miki.
- Non te achegues tanto. Que?

12:38.904 --> 12:41.281
- Igarashi está aquí.
- Que?

12:42.324 --> 12:44.367
Xa non nos levamos ben.

12:44.951 --> 12:47.370
Temos que afastalo de Hikawa, vale?

12:49.706 --> 12:51.291
Entón, díxocho Koyun?

12:51.792 --> 12:53.376
<i>Que saíran xuntos.</i>

12:53.460 --> 12:55.796
Si, así por riba.

12:56.296 --> 12:57.881
E que agora están a mal.

12:58.465 --> 13:01.343
Pelexarán se se atopan?

13:01.426 --> 13:04.179
Non, non creo que sexa para tanto.

13:04.262 --> 13:07.390
Pero non quero que Hikawa se sinta mal.

13:07.474 --> 13:08.642
Hai que afastalos.

13:09.226 --> 13:10.435
De acordo.

13:16.566 --> 13:17.984
Que pasa, Koyun?

13:18.693 --> 13:19.778
<i>Que non vexa.</i>

13:20.278 --> 13:21.905
- Yota, mira! Un can.
- Que?

13:21.988 --> 13:23.323
Vámolo ver.

13:23.406 --> 13:26.117
Pero, entón, igual non pasa nada.

13:26.201 --> 13:29.412
Se cadra, xa o superou.

13:29.496 --> 13:31.915
Si, supoño que tes razón.

13:32.541 --> 13:34.167
Hikawa?

13:34.251 --> 13:37.045
Non lembro ninguén
con ese nome na secundaria.

13:39.631 --> 13:43.176
<i>Pero esquecer mesmo que existiu…</i>

13:43.760 --> 13:48.223
Pois oxalá se leve ben
coa súa próxima moza.

13:48.807 --> 13:50.183
Que?

13:50.267 --> 13:52.936
Perdoa. Estou falando por falar.

13:53.019 --> 13:56.690
Non sei nada dos seus amores
desde que comezamos o bacharelato.

13:56.773 --> 13:58.567
Se cadra aínda está solteiro.

13:58.650 --> 14:01.152
- Ou igual non. Quen sabe?
<i>- Moza?</i>

14:02.696 --> 14:03.613
<i>Que?</i>

14:05.740 --> 14:07.659
Que comida máis rica!

14:07.742 --> 14:10.203
Si! Arreda do medio!

14:10.287 --> 14:11.288
Cala, ho!

14:13.874 --> 14:17.961
- Non me gaña ninguén!
- Ala, está ocupado.

14:18.044 --> 14:19.546
- Ven!
- Vamos de aquí.

14:19.629 --> 14:20.755
APRENDIZ DE ONDO

14:20.839 --> 14:22.007
Toma!

14:22.090 --> 14:23.091
Ai!

14:23.174 --> 14:24.551
Perdoa, Yota!

14:24.634 --> 14:25.635
FOTOMATÓN

14:25.719 --> 14:26.845
Veña, unha foto.

14:26.928 --> 14:28.430
Poderei entrar eu aquí?

14:28.513 --> 14:29.639
Como non ías poder?

14:29.723 --> 14:31.141
Póñome nervioso.

14:31.641 --> 14:34.811
<i>Listos? Tres, dous, un…</i>

14:34.895 --> 14:35.896
Xa!

14:37.314 --> 14:40.567
Que ben o pasamos!

14:40.650 --> 14:43.320
Encántame lacazanear antes dos exames.

14:43.403 --> 14:44.779
Poderíame enviciar.

14:44.863 --> 14:46.907
Non te envicies.

14:46.990 --> 14:48.825
Mañá poñémonos a estudar.

14:49.951 --> 14:51.828
Yota!

14:52.704 --> 14:53.830
Ata logo!

14:54.414 --> 14:55.749
- Ata logo.
- Chao.

15:00.962 --> 15:02.964
QUE RIQUIÑOS

15:03.757 --> 15:05.634
- Parabéns!
- Que? Non entendo.

15:05.717 --> 15:06.718
SORRISO INCÓMODO

15:10.013 --> 15:13.725
<i>Oxalá se leve ben coa súa próxima moza.</i>

15:14.309 --> 15:17.312
<i>Home, xa supoñía que tivera outros mozos.</i>

15:17.938 --> 15:21.816
<i>Pero non contaba
con que Igarashi fose un deles.</i>

15:23.318 --> 15:29.240
<i>Entendo que sentise algo por Yota, pero…</i>

15:29.908 --> 15:31.910
<i>Non, iso non o entendo.</i>

15:34.454 --> 15:35.455
PUM

15:35.538 --> 15:37.499
- Vaia, meu.
- Que foi?

15:38.083 --> 15:40.251
<i>Non o entendo en absoluto.</i>

15:44.506 --> 15:46.508
Os "censores" son fantásticos.

15:46.591 --> 15:50.971
Vós sodes as únicas que lles chamades
"censores" aos ascensores.

15:59.729 --> 16:01.189
<i>Na secundaria,</i>

16:02.273 --> 16:04.526
<i>odiaba a Tsubasa Igarashi.</i>

16:05.110 --> 16:06.778
- Aburrido!
<i>- Que diferentes!</i>

16:06.861 --> 16:09.030
- Si.
<i>- Eu non lle correspondía.</i>

16:10.365 --> 16:11.825
Ten a Igarashi.

16:11.908 --> 16:15.662
<i>Todos se divertían
e pasaban dos meus sentimentos.</i>

16:15.745 --> 16:18.289
<i>Todo. Odiaba todo.</i>

16:19.791 --> 16:23.545
<i>Pero esa non é a razón
pola que non quero falar del.</i>

16:24.838 --> 16:27.799
<i>É polo que lle fixen.</i>

16:30.468 --> 16:31.428
Ei, ti.

16:34.639 --> 16:36.182
Que lle pasa ao teu pelo?

16:36.266 --> 16:37.267
PARA

16:37.350 --> 16:38.852
O meu?

16:38.935 --> 16:41.438
A última vez xa tiña unha cor rara.

16:41.521 --> 16:43.273
SÉGUELLE A CORRENTE
ACENA

16:43.356 --> 16:45.775
E que? Quédame sempre ben, non?

16:45.859 --> 16:47.193
Ei, non bracees tanto.

16:47.819 --> 16:50.697
<i>Fai coma se eu non estivese presente.</i>

16:52.490 --> 16:54.492
<i>Saín da peixeira,</i>

16:55.535 --> 16:59.497
<i>pero canto máis me coñezo, máis me odio.</i>

17:02.625 --> 17:03.626
<i>A min…</i>

17:04.169 --> 17:08.089
A min nunca me gustaches.

17:08.673 --> 17:13.595
<i>Dáme medo enfrontarme
a quen magoei cruelmente.</i>

17:14.512 --> 17:15.930
<i>Son unha covarde.</i>

17:18.183 --> 17:19.184
Ata logo.

17:24.439 --> 17:25.440
Igarashi.

17:31.112 --> 17:32.113
Que queres?

17:33.990 --> 17:36.117
Estás contento no instituto?

17:38.119 --> 17:41.623
Que? Es unha parente reaparecida ou que?

17:41.706 --> 17:42.749
GONG

17:42.832 --> 17:44.250
<i>Merda… Que fago?</i>

17:44.334 --> 17:46.377
<i>Esa resposta foi moi graciosa.</i>

17:47.087 --> 17:49.714
<i>Xa o sabía. Non podemos falar.</i>

17:49.798 --> 17:51.049
Estou contento.

17:52.175 --> 17:55.053
E non preciso que te preocupes por min.

18:00.850 --> 18:04.437
Sorprendeume
que parases así a Igarashi.

18:04.521 --> 18:06.523
EPISODIO: FALAR ANTES DE MARCHAR

18:06.606 --> 18:07.607
Grazas.

18:08.775 --> 18:09.943
Non sei por que o fixen.

18:10.026 --> 18:13.780
Hoxe paseino moi ben convosco,
ceando e iso.

18:13.863 --> 18:15.073
Sería por iso?

18:15.573 --> 18:17.117
Non era ben eu mesma.

18:17.700 --> 18:18.785
Koyun.

18:26.334 --> 18:28.378
Toma. Grazas.

18:28.461 --> 18:31.005
Como? A que vén esa bolsa?

18:31.089 --> 18:36.052
Que máis dá? Non vas tropezar
con ninguén no camiño de volta.

18:37.554 --> 18:40.140
<i>Pois tropecei. Con ela, precisamente…</i>

18:40.723 --> 18:42.892
Estás contento no instituto?

18:43.518 --> 18:45.061
Mira quen foi falar.

18:47.647 --> 18:48.648
Vaia amoladura!

18:52.902 --> 18:53.903
Oe,

18:54.487 --> 18:57.824
ti só saíches con Igarashi por min, non?

18:58.449 --> 19:02.996
Perdoa. Non debín dicir esas parvadas
sen ter en conta os teus sentimentos.

19:04.831 --> 19:05.832
Que?

19:05.915 --> 19:07.333
Que?

19:07.417 --> 19:09.919
Dixeches parvadas?

19:10.003 --> 19:12.380
Dixen, non?

19:12.463 --> 19:14.090
Outra vez que falamos aquí,

19:14.174 --> 19:16.843
eu dixérache que iso era avaricia.

19:16.926 --> 19:19.762
Si? Igual…

19:19.846 --> 19:22.056
Que? Só iso?

19:22.140 --> 19:24.225
Perdoa, teño a memoria confusa.

19:24.309 --> 19:25.310
CONFUSA

19:25.393 --> 19:28.479
Que? Entón por que saístes xuntos?

19:31.566 --> 19:32.901
- É un segredo.
- Que?

19:32.984 --> 19:33.985
CHOQUE

19:34.611 --> 19:38.573
Se cho conto, vas pensar mal de min.

19:38.656 --> 19:39.741
Para…

19:41.492 --> 19:43.661
Iso non o podes ceibar así.

19:43.745 --> 19:44.746
Calma…

19:46.789 --> 19:47.832
Pois…

19:48.958 --> 19:52.712
pensei que me sentiría mellor
se me namorase de alguén

19:52.795 --> 19:54.339
que me quixese de verdade.

19:55.506 --> 19:58.509
Pero non me sentín mellor.
De feito, empeorou todo.

19:59.510 --> 20:01.846
O que conseguín foi magoar a Igarashi.

20:02.889 --> 20:05.225
<i>Mellor dito, quíxeno magoar adrede.</i>

20:06.559 --> 20:08.728
Non fixen o que me dicía o corazón.

20:08.811 --> 20:10.980
Non pensaba máis ca en min mesma.

20:11.856 --> 20:15.276
Miki, ti odias a xente que fai iso.

20:17.528 --> 20:19.030
Non teño nada que dicir.

20:19.614 --> 20:24.619
Fixeses ti o que fixeses,
Igarashi íase magoar, non?

20:24.702 --> 20:27.288
E iso non é culpa túa.

20:27.872 --> 20:32.919
Amais, eu non te daría odiado,
aínda que quixese.

20:33.002 --> 20:35.255
E non te odiaría por algo así.

20:35.338 --> 20:36.339
TÍMIDA

20:36.422 --> 20:37.423
EH?

20:37.507 --> 20:39.008
Vale!

20:39.092 --> 20:42.136
Vamos esquecer estes recordos
con outras parellas.

20:42.220 --> 20:44.389
Non, grazas.

20:44.472 --> 20:46.140
Faino ti polas dúas.

20:46.224 --> 20:48.810
- Quen sería bo para ti?
- Que?

20:48.893 --> 20:49.936
(PASANDO)
O TIPO…

20:50.520 --> 20:53.189
Alguén totalmente distinto a Igarashi.

20:53.273 --> 20:55.441
Alguén simpático e soñador.

20:55.525 --> 20:58.444
Alguén que vaia ao teu ritmo.

20:59.028 --> 21:03.074
Alguén a quen lle gustes tal como es.

21:03.157 --> 21:06.202
Alguén simpático e cun gran corazón.

21:07.620 --> 21:09.664
Non te preocupes por min.

21:09.747 --> 21:11.708
BIS

21:14.794 --> 21:17.922
Ter mozo non é o único importante.

21:18.006 --> 21:20.049
Agora mesmo estouno pasando ben.

21:20.133 --> 21:23.678
Pero un pouco de amor
sería a guinda do pastel.

21:23.761 --> 21:25.972
Coma unha guinda no <i>bento</i> da merenda.

21:27.390 --> 21:29.225
Que comparación é esa?

21:29.309 --> 21:30.685
Quen sabe?

21:31.561 --> 21:32.770
<i>O amor.</i>

21:32.854 --> 21:36.691
Koyuki, gústache Igarashi?

21:38.151 --> 21:39.610
Non.

21:40.111 --> 21:41.904
Son dixomedíxomes da xente.

21:42.613 --> 21:43.698
Xa…

21:46.034 --> 21:47.285
Sabes que?

21:47.368 --> 21:50.371
Atagawa ponse pesada comigo ultimamente.

21:51.456 --> 21:54.751
Non me interesa
ninguén máis ca a persoa que me gusta.

21:54.834 --> 21:56.836
Xa me está cabreando.

22:04.594 --> 22:05.845
<i>Miki.</i>

22:06.554 --> 22:09.640
<i>O meu corazón non é tan puro coma o teu.</i>

22:09.724 --> 22:11.809
- Chao.
- Infórmame sobre a guinda.

22:11.893 --> 22:13.603
<i>Persoalmente…</i>

22:13.686 --> 22:14.896
A guinda! Que bo!

22:14.979 --> 22:17.106
<i>…non me recomendaría a ninguén.</i>

22:18.358 --> 22:19.233
<i>Así que…</i>

22:22.862 --> 22:24.864
<i>sé feliz, Miki.</i>

23:50.366 --> 23:55.371
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa
