WEBVTT

00:11.032 --> 00:13.576
FESTIVAL DEPORTIVO
INSTITUTO MEITEN

00:13.659 --> 00:16.203
O DÍA DO FESTIVAL DEPORTIVO
06:30

00:16.287 --> 00:18.497
Que pasa, Tsukko?

00:18.581 --> 00:19.957
Pois nada, ho…

00:20.541 --> 00:23.794
Veño de animadora
porque me deixei levar polos demais.

00:23.878 --> 00:29.300
Estou nerviosa
e preocúpame non saber os movementos.

00:30.301 --> 00:33.179
Interésame máis a cultura ca os deportes.

00:33.262 --> 00:38.225
Ata me preocupa que igual hai xente
que non quere que a anime eu.

00:38.309 --> 00:40.436
Claro que queren que os animes ti!

00:40.519 --> 00:42.063
Ti sae aí e anímaos.

00:42.146 --> 00:43.230
<i>Sei o que sentes.</i>

00:44.857 --> 00:47.985
Podes animar a Momoka?

00:48.903 --> 00:50.196
<i>Quere que a apoie.</i>

00:50.780 --> 00:53.282
<i>Non é que Momoka sexa mala persoa</i>

00:53.783 --> 00:56.827
<i>nin que eu queira algo máis con Amamiya.</i>

00:57.328 --> 01:01.832
<i>A verdade é que Amamiya
é simpático con todos.</i>

01:01.916 --> 01:04.502
<i>Por iso tamén será simpático comigo.</i>

01:05.127 --> 01:09.507
<i>E non é que a ninguén
lle importen os meus sentimentos.</i>

01:10.424 --> 01:11.634
<i>Non é para tanto…</i>

01:20.976 --> 01:22.478
<i>Non lle deas máis voltas.</i>

01:22.978 --> 01:24.146
<i>Xa basta.</i>

01:25.106 --> 01:26.232
<i>Pórtate normal.</i>

01:26.941 --> 01:28.025
<i>Pórtate normal.</i>

02:59.575 --> 03:03.996
EPISODIO 13
PERCEPCIÓN

03:04.079 --> 03:06.290
FESTIVAL DEPORTIVO
07:00 ADESTRAMENTO

03:06.373 --> 03:08.751
- Imos gañar isto!
- Si!

03:08.834 --> 03:10.336
08:00 - PEITEADO MOZAS

03:10.419 --> 03:14.256
Teño moitos accesorios azuis.
Collede os que queirades.

03:14.340 --> 03:16.300
AOS DE PELO CURTO SÓBRALLES TEMPO

03:16.383 --> 03:18.928
- Fágoche algo rechamante?
- Rechamante?

03:19.011 --> 03:22.473
Iso valerá? Non será algo raro?

03:22.556 --> 03:23.974
Vale ben!

03:24.058 --> 03:25.184
Confía en min.

03:25.267 --> 03:27.436
08:20

03:28.103 --> 03:30.439
Todos teñen uns peiteados incribles.

03:32.107 --> 03:33.692
E as mozas tamén.

03:33.776 --> 03:35.527
HAI 20 MINUTOS: PELO SUAVE

03:35.611 --> 03:36.695
Déixame peitearte.

03:38.739 --> 03:40.866
Koyun, isto é incrible.

03:40.950 --> 03:42.451
Coleta de cebolas, seica.

03:42.534 --> 03:44.495
<i>- Para, Hino!</i>
- Cebolas?

03:44.578 --> 03:45.955
<i>Amamiya está…</i>

03:46.872 --> 03:48.874
<i>Meu, ves?</i>

03:49.500 --> 03:51.460
<i>Miki, que cara é esa?</i>

03:53.295 --> 03:54.838
CHAS

03:55.631 --> 03:57.841
Estás guapo.

03:57.925 --> 03:59.051
Que?

04:00.261 --> 04:01.679
Estades todos guapos.

04:02.388 --> 04:03.764
- Si!
- Si!

04:07.017 --> 04:09.186
FESTIVAL DEPORTIVO
SESIÓN MATUTINA

04:09.270 --> 04:12.439
Vamos, Yota! Minato!

04:13.107 --> 04:16.694
Non! Demasiado alto! Meten medo!

04:22.408 --> 04:24.702
<i>Que guapa, parece un hámster.</i>

04:24.785 --> 04:26.412
Que guapa!

04:26.912 --> 04:28.539
CARREIRA DE OBSTÁCULOS

04:28.622 --> 04:29.999
RÁPIDA

04:30.082 --> 04:32.334
Koyun, que rápida! Como corres!

04:32.418 --> 04:33.752
XOGO DA CORDA FEMININO

04:33.836 --> 04:35.045
Si!

04:35.129 --> 04:37.589
Miki! Nunca te vin brillar coma hoxe!

04:37.673 --> 04:39.091
CARREIRA DE REMUDAS (1º)

04:40.801 --> 04:41.969
PASOS

04:44.722 --> 04:46.140
Son un desastre…

04:46.223 --> 04:47.516
Non pasa nada.

04:47.599 --> 04:49.018
REMUDAS DE CLUBS

04:50.436 --> 04:53.022
Minato, que fas? Ti non es así.

04:54.106 --> 04:55.274
Listas para a foto?

05:00.654 --> 05:03.198
Estes traxes son fantásticos!

05:03.282 --> 05:04.283
Home, claro!

05:05.284 --> 05:08.162
<i>Os pantalóns que me fixo Miki
son da miña medida.</i>

05:08.245 --> 05:10.706
Os maiores están todos guapísimos.

05:10.789 --> 05:11.790
Momoka!

05:12.374 --> 05:14.168
Quédache moi ben o traxe.

05:14.251 --> 05:15.419
A ti tamén, Momoka.

05:15.502 --> 05:17.713
Case nunca levas o pelo recollido.

05:17.796 --> 05:20.424
Peiteáronme os de terceiro.

05:21.133 --> 05:23.135
- Moi bonito.
<i>- Que é isto?</i>

05:23.218 --> 05:24.928
- Ti estás guapa.
- Grazas.

05:25.012 --> 05:27.681
<i>Desde cando son tan amigas Miki e Momoka?</i>

05:28.265 --> 05:30.476
Tsukiko, ti tamén estás guapísima.

05:30.559 --> 05:31.685
Que?

05:31.769 --> 05:34.772
Non, como me puiden comparar contigo…?

05:34.855 --> 05:35.939
AGARIMO

05:36.023 --> 05:38.942
- Ti estás guapísima!
<i>- Que fago?</i>

05:39.026 --> 05:40.027
LISCA

05:40.110 --> 05:41.695
Deixei algo no armario.

05:41.779 --> 05:42.988
Vou contigo?

05:43.072 --> 05:44.114
Non fai falta.

05:45.616 --> 05:47.785
<i>Non podo con isto. Que fago?</i>

05:48.786 --> 05:51.997
<i>Que fago con este maldito sentimento?</i>

05:56.293 --> 05:57.336
PUM

05:57.419 --> 05:58.420
AGÁRRAA

05:58.504 --> 05:59.671
Koyun!

06:00.923 --> 06:03.092
Por que tropezamos sempre?

06:03.175 --> 06:05.344
Perdoa por non andar con tino.

06:05.427 --> 06:06.804
ÉRGUEA

06:07.888 --> 06:10.808
Aí está, Yota. Hayato está…

06:16.647 --> 06:18.065
PUM, PARA

06:19.858 --> 06:21.693
Non, non é…

06:21.777 --> 06:23.028
<i>Que é, logo?</i>

06:24.822 --> 06:26.198
<i>Que fago?</i>

06:27.991 --> 06:29.284
Pois…

06:29.785 --> 06:30.786
FOXE

06:30.869 --> 06:32.454
Volvo onda Miki e o resto.

06:33.288 --> 06:34.289
ABAFADA

06:34.373 --> 06:36.458
<i>Que fago?</i>

06:38.877 --> 06:40.212
Koyun?

06:41.338 --> 06:43.215
TARDE
COMPETICIÓN DE ANIMACIÓN

07:00.607 --> 07:02.985
TODOS OS GRUPOS
COMPLETARON O EXERCICIO

07:03.068 --> 07:06.488
SESIÓN DE FOTOS
(MENTRES CONTAN OS PUNTOS)

07:08.323 --> 07:09.533
PRIMEIRO CURSO

07:09.616 --> 07:11.201
Moitas grazas!

07:11.285 --> 07:12.286
É moi guapo!

07:12.369 --> 07:13.495
Que fotaza!

07:13.579 --> 07:14.580
HA HA
LERIA

07:14.663 --> 07:16.832
Vouna imprimir e poñela de póster.

07:16.915 --> 07:19.209
Gañei cen anos de vida.

07:19.293 --> 07:21.003
<i>Volver ser novo.</i>

07:23.088 --> 07:24.465
<i>Tiro unha foto?</i>

07:25.966 --> 07:27.217
<i>Non, non podo.</i>

07:27.301 --> 07:29.011
Ola, Amamiya.

07:29.094 --> 07:31.388
Facemos unha foto xuntos?

07:31.972 --> 07:33.640
Si, claro.

07:34.224 --> 07:35.476
<i>Por suposto.</i>

07:35.559 --> 07:38.395
<i>Só tes que preguntar.</i>

07:39.188 --> 07:41.899
<i>Pero agora dáme demasiado medo.</i>

07:43.609 --> 07:45.527
<i>Perdín a todo o mundo.</i>

07:45.611 --> 07:47.779
<i>Volverían todos aos vestiarios?</i>

07:53.994 --> 07:54.995
PUM

07:55.078 --> 07:56.288
Koyun!

07:56.371 --> 07:58.040
CHOUTANDO

07:58.123 --> 08:00.042
ESTAME CHAMANDO…

08:00.125 --> 08:03.253
Vente para a nosa foto, Koyun.

08:03.337 --> 08:04.338
TROTA

08:04.421 --> 08:05.797
<i>Oxalá non queira iso.</i>

08:05.881 --> 08:07.382
<i>Sentiríame unha escopeta.</i>

08:07.466 --> 08:08.550
Desculpa.

08:08.634 --> 08:11.762
Pódesnos tirar a foto, por favor?

08:15.432 --> 08:16.433
Claro.

08:17.392 --> 08:18.685
<i>Hum…</i>

08:19.895 --> 08:22.523
<i>A que vén esa cara?</i>

08:25.526 --> 08:28.320
Grazas. Agora facemos unha xuntos?

08:28.403 --> 08:29.488
FIU, CLIC

08:29.571 --> 08:30.572
FIU

08:30.656 --> 08:32.533
Grazas. E ata logo!

08:33.033 --> 08:34.868
OLLOS MEDIO CERRADOS
BOCA ABERTA

08:34.952 --> 08:36.203
<i>Debín saír fatal.</i>

08:37.079 --> 08:38.413
Tiramos unha foto alí.

08:38.497 --> 08:39.498
Si, veña.

08:42.501 --> 08:43.794
<i>- Fotos.
- Fotos.</i>

08:45.045 --> 08:46.672
<i>Tiramos unha foto?</i>

08:46.755 --> 08:48.048
<i>Pódolle preguntar.</i>

08:49.341 --> 08:51.802
<i>É a nosa única oportunidade.</i>

08:52.302 --> 08:53.845
PUM
ATÍPICO. É RARO?

08:53.929 --> 08:55.138
<i>Busco escusas.</i>

08:55.222 --> 08:56.473
DESCUBRIRÁ QUE SINTO

08:56.557 --> 08:57.391
ASUSTAREINA?

08:57.474 --> 08:58.976
<i>Cantas ideas negativas!</i>

08:59.059 --> 09:00.519
Hum…

09:03.855 --> 09:06.149
Vós os dous, poñédevos aí.

09:09.945 --> 09:12.239
Vale. Xa temos recordos.

09:12.322 --> 09:14.408
Minato, agárdanos o club de fútbol.

09:14.491 --> 09:16.118
- Despídete.
- Espera!

09:16.201 --> 09:20.497
Un momento! Vou facer unha foto mellor.
Non me gustan as espontáneas.

09:20.581 --> 09:21.582
Que amoladura!

09:22.791 --> 09:24.167
Tes algunha pose guai?

09:25.586 --> 09:26.670
Pois…

09:27.963 --> 09:30.132
ATURULADA

09:30.716 --> 09:31.717
PUÑADA

09:31.800 --> 09:33.635
- Ei.
- Alá vou.

09:36.096 --> 09:37.556
Minato!

09:38.056 --> 09:40.225
Chámate Kenta.

09:40.309 --> 09:42.019
Xa vou!

09:47.149 --> 09:48.609
PUM

09:52.613 --> 09:56.116
No club de fútbol
non andan con moitas formalidades, non?

09:56.199 --> 09:57.284
Koyun,

09:57.367 --> 10:00.871
estasme ocultando algo?

10:04.541 --> 10:06.460
SORRISO

10:08.253 --> 10:09.838
DESAPARECE

10:09.921 --> 10:11.173
Ei.

10:13.133 --> 10:15.469
Non, non che oculto nada.

10:19.514 --> 10:22.934
Ás veces es un pouco distante, Koyun.

10:23.018 --> 10:25.228
- DEBÍAS AVISAR DO ANIVERSARIO.
- SI?

10:25.312 --> 10:26.772
Non avisaches.

10:26.855 --> 10:30.359
- Entristéceme.
<i>- Ferruxe.</i>

10:30.442 --> 10:31.443
OLLADA

10:33.195 --> 10:37.741
Non é que o oculte, é que…

10:39.159 --> 10:41.495
nin eu me lembrei ata hai pouco.

10:41.578 --> 10:42.788
Vale.

10:42.871 --> 10:45.540
Pensei que eu imaxinaba cousas.

10:46.041 --> 10:48.627
Nin sequera estou segura agora.

10:48.710 --> 10:49.711
Vale.

10:49.795 --> 10:55.842
Pensei que non pagaba a pena
dicírllelo aos demais.

10:57.219 --> 11:01.973
Se hai algo
que te atormenta interiormente,

11:02.557 --> 11:06.061
dicilo igual te fai sentir mellor, non?

11:07.312 --> 11:10.607
Ti axudáchesme a min a sentirme mellor,
sen dúbida.

11:15.195 --> 11:16.238
Yota.

11:17.698 --> 11:18.782
ARRÁSTRASE

11:18.865 --> 11:19.866
ABRE, TRAS

11:19.950 --> 11:20.951
VEN AQUÍ

11:21.702 --> 11:23.620
ARRÁSTRASE

11:23.704 --> 11:26.123
OLLADAS

11:30.669 --> 11:33.213
Entón, eu…

11:43.890 --> 11:45.434
Xa.

11:45.976 --> 11:49.396
Koyun, tes un gusto pésimo.

11:50.188 --> 11:53.650
<i>Di iso, pero parece moi contento.</i>

11:55.193 --> 11:56.486
<i>Xa entendo.</i>

11:57.654 --> 11:59.281
<i>Os dous sentimos o mesmo.</i>

12:02.284 --> 12:03.910
Se son sincera…

12:05.162 --> 12:09.791
Ao comezo sentíame incómoda con el.
Case me daba medo.

12:10.417 --> 12:12.335
Así é como comezou.

12:12.836 --> 12:17.924
Pero por que? Como non notei
que os meus sentimentos cambiaran?

12:18.592 --> 12:24.097
Non sei por que
nin sei o que é isto, pero…

12:26.099 --> 12:27.809
Así é.

12:35.275 --> 12:37.569
Fago por deixarvos aos dous sós?

12:37.652 --> 12:39.029
Non fagas iso!

12:39.654 --> 12:42.949
FAINO ELA

12:43.533 --> 12:44.826
Perdoa.

12:44.910 --> 12:46.036
HA HA

12:46.995 --> 12:52.292
Non quero que a cousa
vaia máis alá de sermos amigos.

12:52.375 --> 12:53.502
MATSURI, APRENDIZ

12:53.585 --> 12:55.670
<i>Gústame que esteamos xuntos</i>

12:55.754 --> 12:58.256
<i>e que nos levemos ben como amigos.</i>

12:58.340 --> 13:00.801
<i>Sinto que non preciso máis.</i>

13:01.551 --> 13:04.262
Así é como me sinto máis cómoda.

13:05.680 --> 13:06.973
Non quero estragalo.

13:09.976 --> 13:11.895
Ti es coma min.

13:12.938 --> 13:17.234
Tamén se me irá cubrir
o corazón de ferruxe?

13:17.317 --> 13:18.485
Benvida ao club.

13:18.568 --> 13:20.111
Iso non o quero.

13:21.780 --> 13:24.533
<i>Contáronse todos os puntos.</i>

13:24.616 --> 13:28.787
<i>Acudide ao patio do instituto
para a cerimonia de clausura.</i>

13:28.870 --> 13:31.581
Pero falamos de Minato.

13:32.165 --> 13:33.500
Vai ser duro.

13:33.583 --> 13:36.461
Si, xa imaxino.

13:38.672 --> 13:39.673
ATOPEIVOS!

13:39.756 --> 13:41.675
Koyun! Yota! Aí estades.

13:45.011 --> 13:47.264
Perfecto! Atopámosvos a tempo.

13:47.347 --> 13:49.474
Aínda non temos unha foto dos catro.

13:50.183 --> 13:51.226
<i>Que fago?</i>

13:51.309 --> 13:54.980
<i>Agora dáme reparo
porque estabamos falando diso.</i>

13:56.815 --> 13:59.484
<i>Estarían Yota e Koyun sós agora?</i>

14:00.235 --> 14:02.988
<i>Estarían xuntos todo este tempo?</i>

14:03.071 --> 14:05.240
OLLADAS

14:05.323 --> 14:06.324
GOLPE

14:06.408 --> 14:07.409
<i>Non me mires.</i>

14:07.492 --> 14:08.493
GOLPE

14:08.577 --> 14:09.744
<i>Ti tampouco.</i>

14:11.788 --> 14:12.789
HA

14:14.374 --> 14:15.375
PASMADOS

14:15.458 --> 14:18.295
<i>Así é como me sinto máis cómoda.</i>

14:22.299 --> 14:23.842
<i>Non quero estragalo.</i>

14:24.926 --> 14:26.177
<i>Quero conservalo así.</i>

14:28.889 --> 14:30.056
Listos?

14:30.140 --> 14:31.141
EMPUXA

14:31.224 --> 14:32.642
Achegádevos.

14:32.726 --> 14:33.727
CLIC

14:33.810 --> 14:38.648
<i>Oxalá siga todo tan tranquilo coma agora.</i>

14:40.025 --> 14:43.069
2º CURSO CLASE 2

14:43.153 --> 14:44.362
DESPOIS DA CLASE

14:44.446 --> 14:47.824
O festival deportivo
foi máis divertido ca o ano pasado.

14:47.908 --> 14:49.326
A min tamén mo parece.

14:49.409 --> 14:50.410
LERIA

14:50.493 --> 14:54.623
Poñíame nerviosa animar,
pero así que me metín, paseino ben.

14:54.706 --> 14:55.665
Concordo.

14:55.749 --> 14:58.418
FESTIVAL DO ANO PASADO
CLASE SEN SOLIDARIEDADE

14:58.501 --> 15:01.963
Estas cousas depende de con quen as fagas.

15:02.047 --> 15:04.841
Iso pensaba eu,
pero non hai que dicilo en alto.

15:04.925 --> 15:07.218
Por certo, onde vai Miki?

15:07.302 --> 15:08.845
2º CLASE 2
EDUCACIÓN FÍSICA

15:08.929 --> 15:10.347
Ten que recoller.

15:10.430 --> 15:11.431
HA HA

15:11.514 --> 15:12.849
<i>Boa sorte, Yota.</i>

15:12.933 --> 15:15.852
Ben! Vamos facer karaoke!

15:15.936 --> 15:17.354
AQUÍ POR UNHA RAZÓN

15:17.437 --> 15:20.231
- Morro coa fame.
- Vou pedir patacas fritas.

15:20.315 --> 15:21.566
- Ben!
- Ben!

15:21.650 --> 15:22.817
Esperamos por Yota?

15:22.901 --> 15:25.028
- Mándolle unha mensaxe.
- Vale.

15:25.111 --> 15:27.113
Os rapaces están de boas.

15:27.197 --> 15:28.698
Están, si.

15:39.209 --> 15:40.210
PUM

15:40.293 --> 15:42.462
- Axúdoche?
- Miráchesme.

15:43.213 --> 15:44.923
Esperades por Miki?

15:45.006 --> 15:47.384
Non. Iamos marchar para a casa.

15:47.968 --> 15:50.261
Dixo que marchásemos sen ela.

15:50.345 --> 15:51.388
Xa.

15:52.263 --> 15:55.100
Amamiya, ata logo.

15:55.767 --> 15:57.143
Vamos, Tsukiko.

15:58.436 --> 16:00.897
<i>En serio, Koyuki? Así sen máis?</i>

16:01.481 --> 16:04.359
<i>Amamiya igual quería falar contigo.</i>

16:04.442 --> 16:07.195
<i>Pero eu non te vou deter.</i>

16:10.699 --> 16:13.785
Xa che mandarei
a foto que tiramos hoxe, vale?

16:14.369 --> 16:16.371
VAI ESCRIBIR DESPOIS

16:16.871 --> 16:18.790
<i>Que sorte, Amamiya!</i>

16:18.873 --> 16:20.667
Espera!

16:20.750 --> 16:22.919
A festa de despedida do sábado.

16:23.003 --> 16:24.921
Ides vir?

16:26.840 --> 16:28.174
Que festa?

16:28.258 --> 16:30.343
A festa de despedida da animación.

16:30.427 --> 16:31.678
Comeremos grellada.

16:31.761 --> 16:33.179
Desde cando?

16:33.763 --> 16:37.976
Enviaron unha mensaxe
preguntando quen vai ir do grupo azul.

16:38.727 --> 16:40.437
Tes razón.

16:40.520 --> 16:42.731
Apaguei as notificacións e non a oín.

16:42.814 --> 16:43.815
Eu tampouco.

16:43.898 --> 16:46.401
Por que apagaches as notificacións?

16:46.484 --> 16:48.069
Demasiada xente.

16:48.153 --> 16:50.155
GRUPO AZUL
MENSAXES INFINITAS

16:50.238 --> 16:51.239
PLAS

16:51.322 --> 16:54.284
Ei, Amamiya, que fas?

16:54.367 --> 16:57.954
Aquí estás outra vez.
Na miña clase, coma sempre.

16:58.038 --> 16:59.873
Que pasa?

16:59.956 --> 17:01.041
A despedida.

17:02.167 --> 17:03.168
Vés?

17:03.251 --> 17:04.461
Pois…

17:04.961 --> 17:07.922
Non sei. Teño traballo o sábado, así que…

17:08.006 --> 17:09.424
A que hora?

17:09.507 --> 17:11.926
Das 11:00 ás 15:00.

17:12.010 --> 17:15.930
Imos quedar ás 18:00. Hai tempo abondo.

17:16.014 --> 17:18.099
Non vés, Hikawa?

17:18.183 --> 17:21.478
Por que non? Temos que ir todos.

17:21.561 --> 17:23.188
Mira quen vai falar.

17:23.271 --> 17:25.482
Veña, vamos.

17:25.565 --> 17:27.484
Shimojima tampouco vén? Que mal.

17:27.567 --> 17:28.443
HUM

17:28.526 --> 17:30.987
Somos todos os da clase 2, non?

17:31.071 --> 17:32.363
OLLADAS

17:32.447 --> 17:33.448
ASENTEN

17:34.449 --> 17:35.950
Vale, imos.

17:37.786 --> 17:38.995
Ata logo.

17:39.079 --> 17:40.288
Ata mañá.

17:40.872 --> 17:43.124
Tiveron unha conversa sen palabras.

17:43.208 --> 17:44.209
SÁBADO

17:44.292 --> 17:47.170
As rapazas danme medo, meu.

17:47.253 --> 17:48.713
Teño palpitacións.

17:49.297 --> 17:51.091
Dixemos que iriamos.

17:51.174 --> 17:52.300
Si.

17:52.383 --> 17:57.013
Véxome agachándome nun curruncho,
sen dar aguantado.

17:57.097 --> 17:58.348
Que fago?

17:58.431 --> 18:00.183
Déixame sentar contigo.

18:00.809 --> 18:02.477
EQUIPAMENTO
BUSCA DO TESOURO

18:02.560 --> 18:06.064
Meu, o festival deportivo pasou voando.

18:06.147 --> 18:07.148
Pasou, si.

18:07.232 --> 18:10.777
Xa boto en falta
os adestramentos de animación.

18:10.860 --> 18:13.738
- Faime ilusión a festa de despedida.
- E a min.

18:13.822 --> 18:14.906
EQUIPAMENTO

18:16.616 --> 18:20.161
Vai haber a despedida,
pero nós os catro verémonos axiña.

18:20.245 --> 18:21.788
A onde imos ir logo?

18:21.871 --> 18:23.414
Podemos volver a Uppi.

18:24.207 --> 18:27.335
Terán eventos diferentes
nas catro estacións do ano.

18:27.418 --> 18:28.419
UPPI

18:28.503 --> 18:32.966
- Veriamos a Uppi nas catro estacións.
- Encantaríame. Moi boa idea.

18:33.716 --> 18:35.677
Pero iso non significa

18:35.760 --> 18:39.055
que esquecese a promesa
de vérmonos os dous sós.

18:39.139 --> 18:41.266
Mellor che será non esquecérela.

18:43.351 --> 18:44.602
Eu nunca…

18:44.686 --> 18:46.062
Facemos as dúas cousas!

18:47.522 --> 18:48.731
Miki!

19:02.537 --> 19:03.788
Ai…

19:04.289 --> 19:06.207
Yota, estás ben?

19:07.417 --> 19:10.879
Perdoa! Non, é que caeu algo.

19:10.962 --> 19:12.463
Xa sei.

19:12.547 --> 19:14.090
Grazas, Yota.

19:15.175 --> 19:17.844
Tropezaches coa cabeza. Estás ben?

19:19.679 --> 19:21.556
Estou ben.

19:25.018 --> 19:26.811
A ver, ho.

19:26.895 --> 19:29.480
Poste vergonzoso coas rapazas,
coma un neno.

19:29.564 --> 19:32.483
Xa vale, meu. Son só eu.

19:33.484 --> 19:36.779
Non ten que ver con rapaces e rapazas…

19:39.073 --> 19:42.243
Para min, ti es só Miki.

19:47.207 --> 19:48.333
<i>Que significa iso?</i>

19:48.833 --> 19:52.754
Claro que son eu! Quen ía ser?

20:11.648 --> 20:14.150
Menos mal que tiña cousas lixeiras dentro.

20:15.151 --> 20:17.820
Si. Xa estás ben?

20:17.904 --> 20:19.113
A cabeza, o lombo…

20:19.197 --> 20:20.907
Estou perfectamente.

20:20.990 --> 20:23.785
<i>Que pasou agora?</i>

20:24.369 --> 20:25.411
<i>É coma se…</i>

20:30.458 --> 20:31.668
Ven aquí.

20:36.172 --> 20:38.549
<i>Non, espera…</i>

20:39.050 --> 20:40.677
<i>Non, para nada…</i>

20:43.096 --> 20:45.390
<i>Pero… Eu?</i>

20:45.890 --> 20:48.101
<i>De ningún xeito me verá el así, non?</i>

20:57.652 --> 20:59.070
FIU

20:59.153 --> 21:00.822
Entón…

21:00.905 --> 21:02.615
Aí. Rematado!

21:03.157 --> 21:05.576
Marcho! Pecho as portas!

21:05.660 --> 21:07.662
Encárgome eu das chaves.

21:07.745 --> 21:09.747
Chao. Ata logo!

21:09.831 --> 21:10.832
Que rápida!

21:12.208 --> 21:13.376
Miki…

21:17.755 --> 21:22.593
<i>Se Yota de verdade se sente así…</i>

21:23.344 --> 21:25.596
<i>canto tempo hai que lle pasa iso?</i>

21:35.398 --> 21:37.066
CLIC
FIU

21:37.150 --> 21:39.193
<i>Eu pensaba que eramos só amigos.</i>

21:41.279 --> 21:42.947
<i>Que fago?</i>

21:43.031 --> 21:45.325
<i>Foi a nosa amizade tan unilateral</i>

21:45.408 --> 21:48.119
<i>todo este tempo?</i>

21:48.202 --> 21:51.331
<i>Se todo foi un teatro…</i>

21:52.665 --> 21:53.666
Quéroche.

21:55.501 --> 21:56.794
Si.

21:56.878 --> 21:58.171
Eu tamén che quero.

22:00.298 --> 22:01.716
<i>Que fago?</i>

22:03.301 --> 22:05.219
<i>Todos os nosos recordos…</i>

22:05.928 --> 22:07.263
<i>Todo o que me dixo…</i>

22:09.515 --> 22:11.434
<i>O simpático que é comigo…</i>

22:11.517 --> 22:13.895
<i>Isto cambia todo.</i>

23:50.283 --> 23:55.288
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa
