WEBVTT

00:15.453 --> 00:17.079
A ver, Minato…

00:21.417 --> 00:23.836
Que pensas de Koyun?

00:31.010 --> 00:32.386
Víaa por aí.

00:33.262 --> 00:36.807
Pensaba que era diferente
das outras rapazas do instituto.

00:38.059 --> 00:39.351
E lembrei a súa cara.

00:40.728 --> 00:41.854
Logo…

00:47.276 --> 00:48.319
<i>Volve estar soa.</i>

00:49.528 --> 00:52.031
<i>Fixábame nela cada vez que nos atopabamos.</i>

00:52.531 --> 00:53.949
<i>Sempre pensei…</i>

00:55.284 --> 00:58.204
Supoño que me daba algo de pena.

01:00.289 --> 01:01.290
Minato.

01:02.374 --> 01:05.336
Ti sempre fas iso, non si, Minato?

01:05.419 --> 01:08.589
Achégaste á xente que che dá pena.

01:08.672 --> 01:11.717
Cunha actitude moi arrogante.

01:12.301 --> 01:13.344
Arrogante?

01:14.553 --> 01:15.763
Si.

01:16.889 --> 01:19.558
<i>Colgarlle a alguén
a etiqueta de que dá pena…</i>

01:20.142 --> 01:23.813
<i>Sabes o mal que se sente
esa persoa cando nota diso?</i>

01:24.563 --> 01:27.983
Só o fas para que recorran a ti.

01:28.067 --> 01:29.902
Queres que dependan de ti.

01:30.903 --> 01:33.697
Non uses esas artimañas con Koyun.

03:07.583 --> 03:12.004
EPISODIO 4
IMPENETRABLE

03:13.005 --> 03:17.009
Con que dereito decides ti
que alguén "dá pena"?

03:17.593 --> 03:21.639
Non lle colgues a Koyun
esa etiqueta que inventaches ti.

03:22.848 --> 03:24.391
Se cadra tes razón.

03:25.684 --> 03:27.228
Pero iso foi só ao comezo.

03:27.728 --> 03:29.104
Hikawa…

03:29.188 --> 03:32.399
si que me daba pena, pero…

03:33.442 --> 03:35.486
<i>Estaba enganado.</i>

03:36.487 --> 03:37.488
<i>Agora…</i>

03:39.823 --> 03:41.617
Interésame por outra razón.

03:41.700 --> 03:42.743
Non te preocupes.

03:44.036 --> 03:47.081
Creo que non es o seu tipo, Minato.

03:47.164 --> 03:48.207
Non é iso.

03:48.290 --> 03:51.627
E, aínda que fose,
debíalo edulcorar un pouco.

03:51.710 --> 03:55.965
É igual! Pero non te achegues
a Koyun por razóns estrañas.

03:56.048 --> 03:58.884
Pero podemos falarnos, non?

03:59.468 --> 04:01.512
Es ti a súa gardiá?

04:02.513 --> 04:04.723
Non é bo protexer tanto a rapazada.

04:06.350 --> 04:10.646
Non quero magoar máis a Koyun.

04:11.355 --> 04:13.899
<i>Non sería "que non a magoen"?</i>

04:15.734 --> 04:19.989
Para, Hikawa…
non estaba no club de baloncesto?

04:20.072 --> 04:20.906
AI!

04:21.490 --> 04:22.741
Sabíao.

04:22.825 --> 04:25.160
Agora entendo por que te enfadaches.

04:25.244 --> 04:26.161
ATURULADA

04:30.165 --> 04:35.087
Por iso non quería
que ti e Koyun vos coñecésedes!

04:35.170 --> 04:38.173
Por que pode Yota e eu non?

04:38.257 --> 04:40.801
Porque ti entendes mellor as cousas!

04:40.884 --> 04:43.095
Entón, Yota non as entende?

04:43.178 --> 04:44.263
Non, non é iso…

04:44.346 --> 04:45.597
Pasácheste un pouco.

04:45.681 --> 04:46.682
Foi sen querer…

04:50.602 --> 04:51.687
Vaia.

04:51.770 --> 04:53.314
Que diferentes son!

04:53.397 --> 04:57.318
- A túa é coma a dun loitador de sumo.
- Que comparación é esa?

04:57.401 --> 04:59.695
- Quen me dera…
- Quen che dera?

05:00.279 --> 05:04.575
Sempre quixen agarrar o balón así
cando estaba no equipo de baloncesto.

05:04.658 --> 05:06.702
Pero non daba.

05:06.785 --> 05:09.163
Ben, con esas mans…

05:11.290 --> 05:13.417
Espera. O equipo de baloncesto?

05:13.500 --> 05:16.754
Estabas no equipo de baloncesto?
Por que non o dixeches?

05:17.755 --> 05:20.382
Eu nunca xoguei coma ti.

05:21.091 --> 05:23.010
Deixeino antes de tempo.

05:33.604 --> 05:36.648
Dis que te sentes mal
se lles dás pena aos demais.

05:37.858 --> 05:42.780
Sentícheste así
desde que che fun falar a primeira vez?

05:42.863 --> 05:44.156
AI!

05:44.239 --> 05:45.240
ATURULADA

05:45.324 --> 05:46.909
Iso…

05:48.660 --> 05:49.995
Desculpa.

05:50.079 --> 05:51.914
Tes razón. Igual me dabas pena.

05:54.124 --> 05:56.001
NOTAS ALTAS GARANTIDAS
ACADEMIA

06:00.130 --> 06:03.675
<i>Funche falar porque me pareceu
que estabas soa e aburrida.</i>

06:04.593 --> 06:07.221
Pero, agora que somos amigos,

06:07.304 --> 06:09.973
xa non te vexo así.

06:11.100 --> 06:16.271
Fixémonos amigos, Yota uniuse ao grupo
e pasámolo moi ben xuntos.

06:17.189 --> 06:20.192
Non me decatei de que te sentías así.

06:21.527 --> 06:23.362
Perdoa por magoarte.

06:26.990 --> 06:27.991
Minato…

06:31.036 --> 06:33.414
Por que es así? Mantén a distancia, meu!

06:33.997 --> 06:36.500
Eu tamén o pasei ben contigo, sabes?

06:36.583 --> 06:38.627
E salváchesme de moitos apuros.

06:38.710 --> 06:40.170
Deus!

06:40.754 --> 06:43.173
Temos que seguir sendo amigos, vale?

06:48.011 --> 06:49.221
Si, amigos.

06:49.930 --> 06:51.306
Vas manchar o xersei.

06:51.390 --> 06:53.559
Non importa. Xa estaba sucio.

06:53.642 --> 06:55.227
FREGAR

06:55.310 --> 06:56.311
O que?

06:58.313 --> 07:00.315
<i>Agora entendo.</i>

07:01.233 --> 07:03.694
<i>Igual o que eu quería</i>

07:03.777 --> 07:07.948
<i>era sermos amigos en pé de igualdade.</i>

07:11.285 --> 07:13.078
<i>Meu, que infantil son!</i>

07:15.247 --> 07:16.331
Miki!

07:17.207 --> 07:19.668
Ei! Espera!

07:20.502 --> 07:22.963
Foron buscar unhas bebidas, non?

07:23.046 --> 07:24.047
AFUNDIRSE

07:24.131 --> 07:25.632
Tómano con calma.

07:25.716 --> 07:28.135
Irían recoller os grans de cacao?

07:28.218 --> 07:29.219
CACAO

07:29.303 --> 07:30.554
Á colleita?

07:32.806 --> 07:34.725
Perdón por facervos esperar.

07:34.808 --> 07:36.268
CON SOPA DE FEIXÓN

07:36.351 --> 07:39.688
Probade esta novidade!
Sopa de feixón extra dobre.

07:39.771 --> 07:40.856
Compartímolas.

07:41.440 --> 07:42.858
Seica é obrigatorio.

07:49.198 --> 07:51.867
Parece de restaurante.
Aclararame as ideas.

07:51.950 --> 07:53.035
Si?

07:53.118 --> 07:55.954
É o estimulante
que precisamos para os exames.

07:56.038 --> 07:58.749
<i>Pasaría algo con Miki?</i>

08:02.586 --> 08:05.005
<i>Preguntareillo a ela?</i>

08:07.090 --> 08:08.258
Miki…

08:09.343 --> 08:13.764
Pasou algo entre ti e Amamiya
cando fostes buscar as bebidas?

08:15.682 --> 08:17.017
Pois…

08:17.100 --> 08:18.644
Pasaron moitas cousas.

08:19.561 --> 08:22.689
Falamos de cando compraches
aquela bebida de curry.

08:22.773 --> 08:23.899
Por que?

08:24.483 --> 08:28.320
Dixo que a compraches por culpa del
e que hoxe che traía outra.

08:28.403 --> 08:29.404
NON DIXO NADA

08:29.488 --> 08:31.156
Que? Non tiña que facelo.

08:31.240 --> 08:34.743
Ves? Non dixo nada
porque sabía que te faría sentir mal.

08:34.826 --> 08:35.869
<i>- Adeus.
- Adeus.</i>

08:35.953 --> 08:38.163
Vou esquecer o que aprendemos hoxe!

08:38.247 --> 08:40.415
Espera… O caderno. Teño que repasar.

08:40.499 --> 08:43.085
Non! Non me pode esquecer!

08:43.919 --> 08:48.090
<i>Pero nada do que dixo
é para botarse a chorar.</i>

08:51.885 --> 08:53.971
<i>Acabouse o tempo de estudar xuntos.</i>

08:54.054 --> 08:55.180
EXAMES 2º TRIMESTRE

08:55.264 --> 08:57.182
PRIMEIRO: INGLÉS
SEGUNDO: SOCIAIS

08:57.266 --> 08:58.892
<i>É o primeiro día de exames.</i>

09:01.520 --> 09:02.437
Comezade.

09:08.610 --> 09:11.697
<i>As mesmas preguntas.
Grazas, exames do ano pasado.</i>

09:13.699 --> 09:16.451
<i>Isto é o que repasamos con Yota!</i>

09:16.535 --> 09:18.203
PRIMEIRO: INGLÉS

09:18.287 --> 09:19.913
SEGUNDO: SOCIAIS

09:19.997 --> 09:21.957
TERCEIRO: FUNDAMENTOS DE QUÍMICA

09:24.293 --> 09:26.712
<i>Comezamos ben! Hurra!</i>

09:29.047 --> 09:30.966
SEGUNDO TRIMESTRE
EXAMES, 2º DÍA

09:31.049 --> 09:33.969
<i>Vouno bordar! Esta vez si!</i>

09:43.270 --> 09:44.688
Ben, acabouse o tempo.

10:05.042 --> 10:06.126
<i>Mensaxes.</i>

10:06.209 --> 10:07.210
SEN LER: 9

10:07.294 --> 10:08.503
<i>Hai moitas…</i>

10:09.129 --> 10:12.549
<i>Koyun! Vamos xantar algo
antes de volver para a casa.</i>

10:12.633 --> 10:14.843
<i>É o chat do grupo. Queres vir, Yota?</i>

10:14.926 --> 10:16.511
<i>Non foi un trasacordo, eh.</i>

10:16.595 --> 10:18.055
<i>Por favor, ven. Choro…</i>

10:18.138 --> 10:19.139
LOL

10:19.222 --> 10:21.224
<i>- Vou.
- Koyun, veña!</i>

10:22.726 --> 10:24.645
Atopeite, Koyun!

10:26.730 --> 10:29.775
Seica somos os primeiros en chegar.

10:30.359 --> 10:32.319
Miki aínda estará na clase?

10:37.032 --> 10:38.075
Que pasa, Miki?

10:38.158 --> 10:40.369
Ola, Minato. Onde vai Yota?

10:40.452 --> 10:41.620
Xa está abaixo.

10:41.703 --> 10:44.039
En serio?

10:44.122 --> 10:46.249
- Precísalo?
- Non exactamente…

10:46.333 --> 10:49.419
Eu e Koyun iamos ir xantar con el.

10:51.254 --> 10:53.924
- Como dis, Miki?
- Tes a man conxelada!

10:54.007 --> 10:56.968
Queríasme excluír a min?

10:57.052 --> 10:58.679
Non! Para nada!

10:58.762 --> 11:01.181
CAFÉ RESTAURANTE
BUOONO BUONO!!

11:01.264 --> 11:03.183
Ollar…

11:03.934 --> 11:07.020
Nin idea.
En serio hai outras cinco diferenzas?

11:07.104 --> 11:09.189
- O número de uvas?
- Xa as contei.

11:09.272 --> 11:10.691
Atopei unha.

11:10.774 --> 11:11.817
E aquí hai outra.

11:12.818 --> 11:14.945
Espera! Minato, es demasiado rápido.

11:15.028 --> 11:17.864
Hai que topalas todas.
Se non, non traen a <i>doria.</i>

11:17.948 --> 11:19.199
Funciona así?

11:21.326 --> 11:24.579
<i>Parece que se levan ben.</i>

11:25.080 --> 11:26.456
<i>Iso está ben.</i>

11:27.332 --> 11:28.959
<i>Doulle demasiadas voltas.</i>

11:29.042 --> 11:31.962
DESPISTADA

11:32.045 --> 11:34.256
Estiveras aquí, Hikawa?

11:35.549 --> 11:37.551
Non, é a primeira vez.

11:38.385 --> 11:41.221
Normalmente saio da escola
e vou dereita á casa.

11:45.392 --> 11:47.728
<i>Coidadiño con esa mirada de pena!</i>

11:47.811 --> 11:49.229
ENTENDIDO?

11:49.813 --> 11:50.939
<i>Non é iso.</i>

11:52.190 --> 11:54.359
- Grazas pola comida.
- Grazas.

11:54.943 --> 11:57.195
<i>Estaba moi rica para ser tan barata.</i>

12:00.907 --> 12:03.910
Non estás en ningún club, verdade, Hikawa?

12:04.453 --> 12:06.121
Traballas a tempo parcial?

12:07.330 --> 12:10.250
Si, pero non teño moitas quendas.

12:10.333 --> 12:11.626
Onde traballas?

12:11.710 --> 12:12.794
CLIENTES HABITUAIS

12:12.878 --> 12:14.004
Nun restaurante.

12:14.087 --> 12:17.132
Só veñen vellos do barrio.
É moi tranquilo.

12:17.215 --> 12:19.384
Que fas os días libres?

12:19.468 --> 12:21.595
Por favor, Minato…

12:22.929 --> 12:24.514
Que fago?

12:25.557 --> 12:27.017
<i>Leo…</i>

12:30.270 --> 12:32.063
Que é isto? Parece aborrecido.

12:32.939 --> 12:34.608
<i>Vexo películas…</i>

12:34.691 --> 12:36.485
Gústache iso?

12:36.985 --> 12:38.862
<i>Estudo por adiantado…</i>

12:38.945 --> 12:40.113
<i>Chapona!</i>

12:42.240 --> 12:43.700
Non fago nada especial.

12:44.826 --> 12:47.204
Non fago gran cousa.

12:47.704 --> 12:50.874
En serio? É unha mágoa.

12:50.957 --> 12:51.958
OLLADA ASASINA

12:52.042 --> 12:55.170
Koyun está ocupada andando comigo!

12:55.253 --> 12:56.505
En serio?

13:01.802 --> 13:04.137
- Pagades por separado?
- Si, por favor.

13:04.721 --> 13:06.848
Minato, que estabas pensando?

13:06.932 --> 13:09.893
Non me agoníes. Xa cho dixen, non?

13:09.976 --> 13:12.103
Si, pero…

13:12.187 --> 13:14.773
<i>Debe ser aborrecido se só falan eles.</i>

13:14.856 --> 13:15.857
FREGAR

13:17.108 --> 13:18.860
- Tes razón!
- Ves?

13:22.864 --> 13:26.368
<i>Cánsanme tantas preguntas.</i>

13:28.954 --> 13:30.413
Estou cheísima!

13:30.497 --> 13:34.334
<i>Agora estou con xente diferente
nun contexto diferente,</i>

13:34.960 --> 13:37.963
<i>pero ségueme custando falar de min mesma.</i>

13:39.381 --> 13:40.882
<i>Non é que o deteste.</i>

13:41.550 --> 13:44.594
<i>Pero asústame que a xente
vexa como son de verdade.</i>

13:45.220 --> 13:47.305
<i>Non quero ser rexeitada.</i>

13:47.806 --> 13:51.393
<i>Non quero odiarme a min mesma
máis do que xa o fago agora.</i>

13:52.310 --> 13:55.397
<i>Entón, cando se achegan a min,
manteño a distancia.</i>

13:56.106 --> 13:57.941
Es rariña.

14:00.151 --> 14:01.778
<i>E que é ser normal?</i>

14:05.490 --> 14:07.659
SEGUNDO TRIMESTRE
EXAMES, 3º DÍA

14:07.742 --> 14:10.662
- Moi ben os exames!
- Ben!

14:10.745 --> 14:12.664
FESTA POSTEXAMES
1º CURSO CLASE 5

14:12.747 --> 14:14.875
Queres? É de amorodo.

14:14.958 --> 14:16.084
Grazas!

14:18.253 --> 14:21.423
Azumi volve estar radiante.

14:23.466 --> 14:24.926
PUN

14:25.010 --> 14:26.761
<i>Síntome fatal…</i>

14:27.262 --> 14:30.348
<i>Conseguín aguantar os exames,</i>

14:30.432 --> 14:33.184
<i>pero o estómago non para de dar voltas.</i>

14:33.268 --> 14:35.186
ENFERMARÍA

14:35.770 --> 14:37.314
Noriko…

14:37.397 --> 14:38.815
Axuda…

14:38.899 --> 14:41.318
Vés pasar o tempo outra vez.

14:41.401 --> 14:43.904
Aquí non se pode vir para quentarse.

14:43.987 --> 14:46.489
Non, hoxe estou enferma de verdade.

14:46.990 --> 14:48.325
Ala!

14:53.496 --> 14:54.664
Dóeme o estómago.

14:55.665 --> 14:57.125
Xa. Será estrés?

14:57.208 --> 14:59.252
Ou comerías algo en mal estado?

14:59.336 --> 15:01.796
Non comín nada hoxe.

15:02.422 --> 15:04.382
Pero tomei tres cafés.

15:04.925 --> 15:06.468
Sería iso.

15:06.551 --> 15:08.720
Durme ata sentíreste mellor.

15:09.304 --> 15:11.806
Non me gusta durmir co uniforme escolar.

15:11.890 --> 15:13.725
Pero non queda outra.

15:19.105 --> 15:21.274
Estás con alguén de secundaria?

15:21.358 --> 15:23.860
Si, coa chapona rariña esa.

15:23.944 --> 15:24.945
INSTITUTO MEITEN

15:25.028 --> 15:27.405
Hai que ser listo para entrar en Meiten.

15:28.448 --> 15:30.617
Igarashi, tes alguén de secundaria?

15:33.119 --> 15:34.579
Non sei.

15:34.663 --> 15:37.040
Dubídoo. Quen ía vir aquí…?

15:37.958 --> 15:40.710
Sobraron moitos petiscos.

15:40.794 --> 15:42.128
Traeriamos demasiados?

15:42.212 --> 15:43.463
Si, ho.

15:43.546 --> 15:45.006
Mirade eses do Oeste.

15:48.218 --> 15:49.344
Igarashi?

15:52.889 --> 15:53.807
- Que?
- Que?

15:58.853 --> 16:00.146
Que?

16:00.230 --> 16:01.439
Perdoade.

16:01.523 --> 16:04.359
Ide indo.
Encontreime cun amigo de secundaria.

16:04.442 --> 16:05.485
Vale.

16:05.986 --> 16:06.987
Ata logo!

16:07.737 --> 16:09.406
Que fas aquí?

16:11.658 --> 16:14.536
Azumi… Vaia…

16:16.705 --> 16:19.416
Estás moi cambiada.

16:19.499 --> 16:20.709
Que foi da gorila?

16:22.043 --> 16:23.545
Cala a boca!

16:26.339 --> 16:27.424
Achégate.

16:28.633 --> 16:30.760
Que fas aquí?

16:31.386 --> 16:33.304
Actividades do club.

16:33.388 --> 16:35.849
Adestramentos.

16:37.392 --> 16:40.103
Non sabía que entraras en Meiten.

16:40.603 --> 16:43.898
Aposto a que es a única
que vén tan lonxe todos os días.

16:44.399 --> 16:45.692
Por que?

16:46.276 --> 16:49.320
<i>Non saberá que Koyun tamén vén aquí?</i>

16:51.406 --> 16:54.325
Igarashi! Que fas?

16:56.786 --> 16:58.705
- Desculpa.
- Ata logo.

17:02.167 --> 17:04.586
Quen é esa? É guapiña.

17:04.669 --> 17:06.337
Estás cego ou que?

17:06.421 --> 17:07.422
Que?

17:08.131 --> 17:11.718
<i>Koyun…
Oxalá teñas marchado xa para a casa…</i>

17:17.057 --> 17:18.183
<i>Está moi escuro!</i>

17:19.059 --> 17:20.060
<i>Que hora é?</i>

17:21.561 --> 17:23.313
<i>Estarán cerradas as cortinas?</i>

17:23.813 --> 17:25.231
<i>Grazas, Noriko.</i>

17:25.815 --> 17:29.944
<i>Aínda é día grande,
así que non debeu pasar tanto tempo…</i>

17:36.076 --> 17:37.243
<i>Igarashi!</i>

17:38.161 --> 17:39.496
<i>Claro, era hoxe.</i>

17:40.080 --> 17:43.666
Vai vir ao noso instituto,
pero vós non vos recoñeceriades.

17:43.750 --> 17:44.793
Cando?

17:44.876 --> 17:47.670
Nas actividades do club
o último día dos exames.

17:48.588 --> 17:50.173
<i>Xa o sabía…</i>

17:51.257 --> 17:52.425
Por certo,

17:53.009 --> 17:55.011
cruceime con Azumi antes.

17:55.095 --> 17:57.430
Coñécela? Está na túa clase?

17:57.514 --> 18:00.934
Miki? Estamos en clases diferentes,
pero somos amigos.

18:01.017 --> 18:04.813
Tamén causa problemas aquí?
Non rompeu ningunha ventá?

18:05.855 --> 18:07.190
Pórtase ben.

18:07.816 --> 18:09.818
Cruceime con Azumi antes.

18:10.568 --> 18:12.445
<i>Falan de Miki.</i>

18:13.029 --> 18:13.947
<i>Por que?</i>

18:15.323 --> 18:17.200
<i>Nada. Non os oio.</i>

18:19.035 --> 18:21.204
Hikawa, que tal?

18:24.332 --> 18:26.084
Sénteste mellor agora?

18:26.167 --> 18:27.377
Sinto.

18:27.460 --> 18:29.546
- Lista para ir para a casa?
- Si.

18:32.549 --> 18:35.051
<i>Marcho axiña para que non me vexa.</i>

18:38.304 --> 18:41.891
<i>Non entendín ben, pero falaban de Miki.</i>

18:41.975 --> 18:44.310
<i>Falarían de min tamén ou que?</i>

18:47.647 --> 18:51.818
<i>Mencionaría Amamiya o meu nome?</i>

18:52.819 --> 18:54.529
Coñeces a Igarashi?

18:54.612 --> 18:55.822
Onde traballas?

18:55.905 --> 18:57.615
Que fas nos días libres?

18:57.699 --> 18:58.700
OBSESIONADO

18:58.783 --> 19:00.243
<i>Creo que si.</i>

19:02.412 --> 19:03.496
<i>Non me gusta isto.</i>

19:04.747 --> 19:07.250
<i>Non quero que a xente se interese por min.</i>

19:12.839 --> 19:16.342
<i>Non quero
que a xente me coñeza de verdade.</i>

19:18.928 --> 19:20.388
Igarashi,

19:20.972 --> 19:22.640
lembras a Hikawa?

19:29.480 --> 19:30.857
Bo día.

19:36.905 --> 19:38.239
Ei, Hikawa.

19:39.490 --> 19:40.575
Bo día.

19:40.658 --> 19:41.659
ACALORADO

19:42.911 --> 19:45.163
<i>Parece acalorado por algunha razón.</i>

19:45.788 --> 19:48.166
Amamiya, viñeches correndo?

19:48.833 --> 19:50.877
Veño do adestramento da mañá.

19:50.960 --> 19:52.670
Notaráseme o alento co frío.

19:52.754 --> 19:54.589
<i>Adestramento da mañá…</i>

19:54.672 --> 19:56.424
<i>Que lembranzas me trae…</i>

19:57.967 --> 20:00.053
Por certo, onte veu Igarashi.

20:02.555 --> 20:05.808
Pero a ti non che interesa, non?

20:06.601 --> 20:08.728
Non erades moi amigos, non?

20:11.940 --> 20:13.399
<i>Por que dirá iso?</i>

20:14.400 --> 20:17.528
Era Igarashi
unha figura destacada na secundaria?

20:18.279 --> 20:20.823
Si, supoño que si.

20:21.491 --> 20:24.118
<i>Sempre era o centro de atención.</i>

20:24.202 --> 20:26.329
<i>Estaba sempre rodeado de xente.</i>

20:26.913 --> 20:29.457
Si? A min xa mo parecía.

20:30.041 --> 20:35.546
<i>É o tipo de persoa que irrompe
no teu corazón sen ningunha consideración.</i>

20:37.215 --> 20:38.216
Perdoa.

20:38.800 --> 20:40.718
Mellor esquecer a secundaria.

20:44.305 --> 20:48.226
Temos que crear
moitos recordos aquí no bacharelato.

20:48.309 --> 20:51.521
É mellor centrarse
nas aventuras que temos por diante.

20:53.815 --> 20:57.735
<i>Nunca lle falei a Amamiya
de como o pasei na secundaria.</i>

20:58.569 --> 21:00.571
<i>Por que mencionalo agora?</i>

21:02.907 --> 21:05.785
<i>Diríalle algo Igarashi?</i>

21:06.828 --> 21:08.997
<i>Que lle diría?</i>

21:09.580 --> 21:13.126
<i>Estades saíndo xuntos ti e Igarashi?</i>

21:13.209 --> 21:15.920
Ata onde chegastes?

21:16.713 --> 21:17.964
CLUB DE BALONCESTO FEMININO

21:18.047 --> 21:20.133
É unha lagarta, non é?

21:20.216 --> 21:21.342
Non a aguanto.

21:22.510 --> 21:24.053
- Oístes?
- Igarashi…

21:24.137 --> 21:26.180
- Na súa casa…
- Non me digas?

21:26.264 --> 21:28.891
- Entón, é verdade?
- Veña, ho!

21:29.475 --> 21:32.103
<i>Por que lle gusta tanto á xente lerchear?</i>

21:32.770 --> 21:34.731
<i>Por que non me deixan en paz?</i>

21:34.814 --> 21:36.274
<i>Ei, Koyuki.</i>

21:37.692 --> 21:40.320
<i>Que graza lles fai meterse coa xente?</i>

21:40.820 --> 21:42.947
<i>Dinos a verdade xa.</i>

21:43.614 --> 21:45.450
<i>Non vos importa nada a verdade.</i>

21:45.533 --> 21:47.952
<i>O único que vos importa é divertírdesvos.</i>

21:52.999 --> 21:54.250
<i>Acabouse…</i>

21:56.753 --> 21:58.504
<i>Acabouse abrirse á xente…</i>

21:59.797 --> 22:00.798
Por que?

22:02.133 --> 22:03.634
ACALORADO

22:03.718 --> 22:05.386
Como presta o aire fresco!

22:07.055 --> 22:08.056
Koyun…

22:08.139 --> 22:10.641
Por que meten o fociño na vida dos demais?

22:14.979 --> 22:16.564
Non o entendo…

22:19.859 --> 22:21.027
Dásme noxo.

23:50.366 --> 23:55.371
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa
